Catro estudantes da ESO galegas presentarán un proxecto na ONU para protexer os mares

A súa proposta, titulada QUITINA, procura dar solución á acumulación de residuos plásticos procedentes das bateas de mexillón

Catro alumnas do Colexio Santo Ángel de Ourense viaxarán á sede da Organización das Nacións Unidas (ONU), para presentar un proxecto enfocado a contribuir á protección dos mares. As rapazas gañárono tras competir fronte a outras 2.300 candidaturas no Campus EduCaixa 2025 co seu proxecto QUITINA.

A presencia de microplásticos e outros compoñentes altamente contaminantes no mar é un gran problema. Especialmente, daqueles que proveñen da pesca masiva e da acuicultura, como é o caso dos palillos das bateas. A proposta das galegas procura dar solución a un problema real que afecta especialmente ao mar galego: a acumulación de residuos plásticos procedentes das bateas de mexillón.

Publicidade

O equipo deseñou dúas solucións complementarias: por unha banda, o uso de biopolímeros biodegradables derivados da quitina (substancia presente en crustáceos e moluscos). Logo, as alumnas presentaron un sistema de suxeición alternativo aos palillos plásticos, que fose máis respectuoso co medio. Todo, co obxectivo de protexer o mar desde a acuicultura sostible.

Visita a Harvard e ao MIT

Agora, o, as alumnas participarán nun viaxe formativo aos Estados Unidos, onde visitarán universidades de prestixio como Harvard, que se atopa en pleno enfrontamento co presidente Trump. Tamén visitarán o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), situado no estado de Boston. Despois, visitarán a sede das Nacións Unidas en Nova York para representar a súa idea ante líderes e representantes internacionais.

Publicidade

As alumnas participaron, xunto con outros 99 equipos finalistas, no Campus EduCaixa celebrado en Barcelona do 7 ao 10 de maio. Alí viviron, segundo o colexio, “unha experiencia formativa inesquecible”. Entre outros, tiveron obradoiros de creatividade, liderado, inclusión educativa e sustentabilidade. Tamén houbo tempo para encontros con referentes do emprendemento social e visitas ao Instituto de Ciencias do Mar–CSIC e ao Centre de la Platja.

As galegas tiveron que defender a súa proposta ante un xurado experto, que determinou que serían unha das premiadas. “A innovación pode nacer nunha aula de Ourense e chegar aos foros máis influentes do mundo”, destacan desde o colexio, que falan dun “”antes e despois”””. En total, tres proxectos de secundaria foron proclamados gañadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa interactivo sinala máis de 1.800 puntos negros no arborizado urbano de Galicia

O Ecomapa identifica ocos baleiros, tocóns e árbores secas ou asfixiadas, e permite visualizar as carencias urbanas a través da ciencia cidadá

A cuántica entra nunha obra de arte: o pintor galego que conecta coa incerteza física no IGFAE

O santiagués Andrés Rodís expón 25 pezas inspiradas na superposición, a observación e a relación entre o visible e o invisible no Museo Gaiás

Galicia rexistra a maior exposición a fume de segunda man en interiores entre mulleres novas

Un estudo revela que afecta o 41,3% das galegas de entre 15 e 34 anos, malia ser unha das comunidades con menor prevalencia de consumo

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores