O día máis caloroso do ano en Galicia pecha con máximas récord para maio en Ourense

Os termómetros superan os 36 graos e deixan as primeiras xornadas de calor intenso combinadas con treboadas no leste

Unha xornada para adiantar o verán. Así foron os días de calor que se viviron en Galicia, que deixaron os rexistros máis altos no que levamos de ano. Ata 38 graos acadou unha das estacións meteorolóxicas de Ourense este xoves, batendo os récords de máximas para un mes de maio. Tamén se rexistraron máis de 37 graos en Remuíño (Arnoia) e en Leiro, que chegou os 38,1 graos.

Altas temperaturas tamén noutras provincias, como en Lugo, que rexistrou máximas de 33 graos en Cospeito ou na capital e ata 36,2 graos en Monforte de Lemos. Na provincia da Coruña rexistraron valores máis moderados na zona do litoral, aínda que altas temperaturas tamén en Santiago ou Boimorto, que superaron os 30 graos. Os termómetros rondaron pola mesma zona en Pontevedra e Vigo. Si superaron os 34 graos en nas zonas de Arbo, Salvaterra de miño ou Salceda de Caselas.

Publicidade

Trátase de temperaturas moi anómalas para un mes de maio. As grandes oscilacións térmicas de principios da semana moderáronse, especialmente nas zonas do litoral atlántico, pasando noites case tropicais nalgúns puntos como Vigo, que se mantivo entre os 17 e os 20 graos. Iso si, entre a tarde do xoves e a do venres haberá puntos con descensos térmicos moi acusados. É o caso, por exemplo, de Abegondo, no que se rexistraron ata 30 graos e, agora, Meteogalicia estima máximas de 22.

Temperaturas máis suaves e treboadas

Certas zonas de Galicia tamén viviron algunhas treboadas locais, formadas desde Portugal e que se achegaron ata localidades próximas a Ourense. Así se viviron en Allariz, na Ribeira Sacra e no sur de Lugo, con maior afectación nas zonas orientais. Tamén se rexistran desde esta mañá treboadas en varios lugares do norte. Concentraranse no leste de Lugo, onde está activada a alerta amarela, e en Ourense. Tamén se prevé que afecte nalgúns puntos do interior da comunidade.

Publicidade

Para este venres os modelos de Meteogalicia indican que haberá unha moderación das temperaturas en gran parte da comunidade. En moitos puntos, estas descenderán entre 5 e 8 graos, especialmente no norte, axudado polas nubes baixas. Iso si, mantendo puntos con temperaturas altas, que superarán os 30 graos como en zonas do Miño e mesmo chegarán aos 36º en Ourense e os 31º en Pontevedra ou Lugo. Por isto, a institución mantén a alerta por altas temperaturas no miño en Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

A Xunta activa a alerta vermella por calor extrema no interior de Pontevedra

As temperaturas superarán os 35 graos en 16 concellos pontevedreses durante a xornada pola chegada dunha masa de aire africano