Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial

As teorías conspiranoicas están á orde do día: o 38,8% dos galegos considera que se produciron virus en laboratorios gubernamentais para poder controlar a súa liberdade. É un dos resultados da enquisa realizada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Un 37,6% cre que xa existe unha cura contra o cancro, pero hai intereses comerciais en ocultalo.

Non é a única teoría conspiranoica popular. Por exemplo, o 16,8% cre que o Goberno trata de ocultar a relación entre vacinas e autismo, a pesar de que esa vinculación non existe. A orixe deste bulo ven dunha hipótese que partía dun pequeno estudo publicado en 1998. Este desmentiuse co paso do tempo. Anos máis tarde, descubriuse que o autor desta publicación, Andrew Wakefield, fíxoa pouco despois de pedir unha patente para unha alternativa á vacina do sarampelo. Segundo a enquisa, tamén o 16,3% pensa que a vacina da covid, que axudou a reducir enormemente a cantidade de casos graves da enfermidade, non foi beneficiosa para a sociedade.

Publicidade

A información sobre a ciencia

A pesar da desinformación, tres de cada catro galegos (o 75,4%) confía na investigación científica, situada preto da media (75,7%) nacional. Das comunidades analizadas, Murcia é a que máis confía, fronte ás Illas Baleares, que son as que menos, segundo o FECYT.

Para Ana Muñoz, Responsable da Unidade de Investigación en Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do CIEMAT, os datos revelan un aumento da desconfianza, en liña coas dinámicas presentes a nivel internacional. “A poboación valora a ciencia como fonte de coñecemento pero hai unha actitude máis ambivalente e unha certa desconfianza en relación coa súa dimensión social”, destaca para Science Media Centre.

Publicidade

A pesar diso, hai un elevado grao de confianza sobre os medios que falan de ciencia: o 76,9% dos galegos cre que a información procedente destas fontes é verdadeira, fronte a un 9,8% que considera que non. Ademais, os galegos reclaman máis información sobre ciencia: un 84% considera que é insuficiente.

Iso si, un de cada catro galegos cren que polo xeral, a información con respecto a este ámbito é “incomprensible”. “Paréceme un resultado moi interesante, porque quizais reflexa a tendencia a esixir sen dar nada a cambio”, considera Muñoz, que cre que hai unha dificultade por parte da poboación para asumir a súa responsabilidade neste aspecto.

Hábitos e interese

Aínda así, hai distintas formas de vivir ou participar na ciencia, segundo a enquisa. Un 56,7% dos galegos ve ou escoita programas sobre ciencia, un 33,7% lee libros ou revistas de divulgación científica e un 62,7% fala destos temas con amigos ou familiares. Un 28,9% dos cidadáns tamén van a museos deste tipo e un 10,1% participan en actividades de divulgación científica.

A brecha de xénero segue a estar presente na ciencia. A maioría dos homes (51,7%) amosan interese por este ámbito, a 16 puntos de diferenza das mulleres (35,8%). Cando se pregunta en ramas máis específicas, o dato cambia. O 62,1% delas ten un interese elevado sobre a saúde e a medicina fronte o 52,6% dos homes. Os resultados son máis similares na rama do medio ambiente, no que tanto homes (41,3%) e mulleres (40,3%) amosan certo grao de preocupación por ese tema.

Sobre a posición da ciencia do país a nivel europeo, o 63,2% dos galegos cren que España está atrasada. Porén, a comunidade está dividida en canto a si se aumentou o investimento público neste ámbito nos últimos anos. Un 29,9% considera que este aumentou nos últimos anos, a mesma proporción que aqueles que cren que diminuíu. Para o resto, non houbo grandes cambios. O dato é que, no último ano rexistrado segundo o INE (2023), a ciencia acadou un investimento público récord de 22.379 millóns, que en termos relativos representa un 1,49% do PIB. Isto é un aumento do 26,7% en termos proporcionais con respecto a 2018.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“El Niño propicia vagas de calor moi intensas no hemisferio norte, e iso inclúe Galicia”

O investigador Rafael Carballeira advirte dos efectos crecentes do fenómeno no clima galego e participa nun proxecto internacional para reconstruír a súa historia nos últimos 10.000 anos

A Caniza, Cangas de Morrazo e O Riós: a Xunta e a RAG impulsan 2.500 cambios na toponimia galega

Durante o proceso tivéronse en conta cuestións como a ausencia do artigo, a zona dialectal e revisións xeográficas

A viaxe en tren pola Galicia da costa, dos pazos, dos mosteiros e da gastronomía

As posibilidades de facer un turismo máis sostible chegan da man de rutas como a dos queixos ou a do viño Monterrei

Galicia rexistra 475 mortes no que vai de verán a causa da calor

Pontevedra notificou 172 falecementos por altas temperaturas, unha cifra superior a provincias como Córdoba, Málaga e Badaxoz