As esculturas do Mosteiro de Carboeiro volven a Galicia tras case 50 anos en Barcelona

A borrasca Joseph obriga a adiar a presentación oficial no Museo das Peregrinacións de Santiago, aínda que as pezas xa están listas para regresar

En outubro de 1957, dúas valiosas esculturas románicas do século XII foron arrincadas do tímpano do Mosteiro de Carboeiro (Silleda) e acabaron nas mans de Ferdinand Birk, un coleccionista con vínculos nazis. A súa viúva vendeunas ao Museo Marés de Barcelona en 1980, aparentando legalidade. O achado documental do espolio polo historiador Francisco Prado Vilar obrigou a iniciar negociacións entre a Xunta de Galicia e o Concello de Barcelona para a devolución definitiva, proceso que comezou en 2023 e que ía culminar o martes 27 de xaneiro coa presentación oficial das pezas no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Con todo, foi a borrasca Joseph a que impediu a chegada da comitiva procedente de Barcelona, aínda que as esculturas xa están preparadas para a súa devolución a Galicia.

Trátanse de pezas talladas en granito no século XII: unha representa un Cristo entronizado e a outra os símbolos dos evanxelistas San Xoán e San Lucas. O museo catalán adquiriunas pensando que procedían dunha venta lexítima tras a desamortización, descoñecendo que foran roubadas. Unha terceira figura, en cambio, permaneceu no templo de Carboeiro sen ser subtraída.

Publicidade

Dende a Consellería de Cultura aínda non confirmaron a nova data exacta para o acto de entrega, á espera de que amaine o temporal e se poida reorganizar o traslado da comitiva oficial, na que viaxarán representantes do Concello de Barcelona e o director do Museo Marés, Salvador García Armillas.

Antecedentes

O historiador Francisco Prado foi quen descubriu a verdade sobre estas figuras mentres investigaba outras pezas do Mestre Mateu. Durante a súa investigación, deu coa documentación clave: por unha banda, unha carta do comisario de Patrimonio, Manuel Chamoso Lamas, alertando do roubo e solicitando controis de aduanas; por outra, a denuncia oficial presentada o 21 de outubro de 1957 por Xosé Filgueira Valverde, que confirmaba a data exacta da subtracción.

Publicidade

Como o Mosteiro de Carboeiro foi declarado Monumento Nacional en 1931, calquera extracción de pezas posterior a esa data é considerada ilegal. A existencia dunha denuncia oficial como a que atopou Prado Vilar levou ao Museo Marés a iniciar en 2023 os trámites para redactar un informe técnico. En consecuencia, a Xunta de Galicia solicitou formalmente o retorno das figuras, co obxectivo de que volvan ao seu lugar orixinal, no tímpano da igrexa, onde aínda se conservan os ocos das pezas arrincadas hai case 70 anos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía