Ángel Carracedo: “En doenzas como o cancro conta máis o ambiente que a xenética”

O investigador galego realizará unha conferencia gratuíta sobre o estudo dos xenes, medioambiente e saúde nas XXXV Xornadas Luis Asorey

Aprender sobre cales son as condicións xenéticas e ambientais das diferentes enfermidades e que investigacións de grandes proxectos sobre este eido se están a realizar na actualidade. Estes serán algúns dos temas que abordará o doutor Ángel Carracedo, una das figuras máis destacadas do ámbito da Medicina Legal, o próximo luns nas XXXV Xornadas Luis Asorey.

Tralo comezo destas conferencias gratuítas, coordinadas polo doutor Antonio Rigueiro, quen falou sobre a presenza de case a metade das plantas medicinais avaliadas por Europa en Galicia, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, continuarán coas XXXV Xornadas Luis Asorey, que nesta edición versa sobre a importancia da alimentación, o medio ambiente e a saúde.

Publicidade

Gañador do “Premio Nobel do Medicamento”

A vindeira conferencia celebrarase este luns, 25 de novembro. O encargado de impartila será o doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ―centro onde se centraliza o diagnóstico xenético de Galicia, con máis de 40.000 pacientes ao ano―, director da Fundación INGADA ―Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados― e da Fundación Kaertor para a busca precoz de fármacos, ademais de membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Participa en organismos internacionais como a Axencia Europea do Medicamento, Comité da Cruz Roja Internacional, Consorcio Internacional de Enfermidades raras, Comité forense do Tribunal Penal Internacional da Haia, entre outros. Na actualidade é o presidente da Academia Internacional de Medicina Legal. Recibiu numerosos premios, entre eles o Adelaide Medal, a distinción máis importante no eido forense a nivel mundial; ou o Galien Medal, coñecido como o Premio Nobel do Medicamento. É Doutor Honoris Causa por oito universidades de Europa e América.

Publicidade

Relación entre xenética, medioambiente e saúde

Na súa conferencia, Carracedo afondará na relación entre a xenética, o medio ambiente e a saúde; en particular como os xenes e o ambiente inflúen na aparición de certas doenzas. O profesor afirma que “somos xenes e ambiente tanto na saúde como na enfermidade”.

Salienta que “as enfermidades humanas teñen unha heredabilidade media do 50%, é dicir, que o ambiente conta tanto como a xenética”. Nesta liña, pon de relevo que, “en contra do que moita xente pensa, en múltiples doenzas como o cancro ou no caso da lonxevidade, conta máis o ambiente, e nos trastornos psiquiátricos a predisposición xenética é importante pero, aínda así, o ambiente pode ser o desencadeante”. Así, estase a investigar cales son os condicionantes xenéticos e ambientais das diferentes enfermidades.

Carracedo abordará ademais os grandes proxectos sobre xenética que están en marcha na actualidade para coñecer e progresar na denominada medicina personalizada. Nestes intres as súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a medicina personalizada.

2 COMENTÁRIOS

  1. Primeiro, esta conferencia me encantaría fora grabada.
    En referencia a elo, dicir que obrigatoriamente debería facerse un estudio xenético de cada paciente con mais de un caso de cancro en familia directa, No meu caso, teño cancro de mama, e tiven na familia mais cercana 7 casos , de diferentes tipos de cancro. Creo que claramente o noso sistema inmunitario recolle alguna característica xenética que nos predispón a padecer a enfermedade.
    Un saúdo.

  2. Parabens ao Dr. Carracedo polas divulgación destes temas e, sobre todo, pola súas investigacións sobre xenómica e cancro , algo fundamental para a nosa sociedadee a do s. XXI e seguireao sendo nos próximos séculos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais