EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Ser científica no século XXI

As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira participan na segunda sesión de 'Ciencia en feminino' para falar sobre os avances e os retos das mulleres científicas

A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan a situación das mulleres no seu sector, os maiores retos aos que se afrontan durante a carreira ou a falta de igualdade no eido divulgativo.

Ciencia en feminino continuará ao logo de todos os mércores de marzo. Trala primeira entrevista da pasada semana coa física galega Mar Capeáns e esa mesa redonda, a programación continuará con outra charla. Será o mércores 19 de marzo cando teña lugar a conversa coa catedrática de Economía María Loureiro, Premio María Wonenburger 2024, conducida por Laura Filloy. O ciclo rematará o día 26, coa celebración da última mesa redonda. As científicas Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez-Muñoz analizarán como romper os estereotipos no seu sector.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano