EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con María Loureiro

A catedrática da USC é directora científica do centro interuniversitario ECOBAS e a primeira economista en recibir o Premio Wonenburger

A quinta edición do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino, que organiza GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, arrinca a súa terceira sesión cunha entrevista á economista María Loureiro, catedrática na Universidade de Santiago (USC) e directora científica do centro interuniversitario ECOBAS. O seu prestixio internacional é indiscutible: é unha das economistas máis citadas de España e está, segundo a clasificación de Stanford, entre o 2% de científicos e científicas máis influentes do mundo. A súa brillante traxectoria valeulle o Premio María Josefa Wonenburger en 2024, concedido pola Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia, converténdose así na primeira economista en conseguilo.

Con María Loureiro falaremos da importancia de rachar os estereotipos sobre as ciencias sociais e recoñecer que os problemas aos que se enfrontan as mulleres investigadoras neste eido non difiren tanto dos desafíos que presentan as ciencias máis técnicas. Abordamos con ela o teito de cristal, a fenda salarial e as dificultades á hora de conciliar. Esta entrevista é a antesala do peche de Ciencia en feminino 2025, que celebrará a súa última sesión o mércores 26 de marzo. Na mesa redonda conducida pola xornalista Gloria Montenegro participarán as científicas galegas Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez-Muñoz sobre como se poden romper os estereotipos que aínda rodean a practica científica.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano