EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con África González

A inmunóloga recibiu o Premio Wonenburger en 2025, o máximo recoñecemento en Galicia para as mulleres científicas

A primeira sesión de Ciencia en feminino arrinca da man da inmunóloga África González, quen inaugura o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración co Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Falamos coa catedrática da Universidade de Vigo (UVigo) e Premio María Josefa Wonenburger 2025 —a máxima distinción para as mulleres científicas en Galicia— da situación da muller na ciencia e dos obstáculos aos que aínda se teñen que enfrontar moitas investigadoras para desenvolver a súa traxectoria nun escenario de igualdade efectiva.

Ciencia en feminino celebrará as restantes sesións os mércores do mes de marzo ás 19 horas. O día 11 participarán as investigadoras galegas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández nunha mesa redonda sobre como derrubar os estereotipos que aínda pesan sobre a muller científica. A terceira sesión, o 18 de marzo, convida a catedrática de Matemáticas da Universidade de Santiago (USC) Elena Vázquez Abal, unha figura de recoñecido prestixio no eido da divulgación. O ciclo pecharase o día 25 da man das investigadoras Soledad Torres, Iria Gómez e Ainara Díaz, coas que se abordarán os principais obstáculos da carreira investigadora para as mulleres.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns