A inmunóloga África González, premio María Josefa Wonenburger 2025

A Xunta outorga o galardón á catedrática da UVigo polo seu labor nas ciencias biomédicas e na nanomedicina

O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar, por unanimidade, o Premio María Josefa Wonenburger Planells á catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo (UVigo), África González. Este galardón pretende recoñecer o seu labor de investigación nas ciencias biomédicas e na nanomedicina.

África González (Madrid, 1962) é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía á vez que presentaba a súa tese doutoral. Posteriormente, realizou importantes investigacións no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. No ano 1996 instalouse en Vigo na primeira área de inmunoloxía das universidades galegas e pouco despois comezou a dirixir o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) no que liderou as investigacións sobre resposta inmunitaria, inmunolóxica básica e aplicada ao desenvolvemento de vacinas.

Publicidade

Importantes achegas á nanomedicina

A Unidade da Muller e da Ciencia destacou o papel de África González nas investigacións sobre nanomedicina, sendo a cofundadora da empresa Nanoinmunotech que desenvolve tecnoloxías a partir de nanomateriais. Ademais, neste campo desenvolveu un biosensor para identificar células tumorais e o uso das nanovacinas para tratamentos de cancro. Esta catedrática galega tamén foi presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, período no que foi finalista dos premios europeos Mulleres innovadoras, e nestes momentos forma parte da Real Academia de Farmacia de Galicia.

Este premio María Josefa Wonenburger Planells outórgase anualmente desde o ano 2007 a través da Unidade da Muller e Ciencia. Leva o nome da investigadora matemática galega, pioneira e referente internacional no ámbito das ciencias e que, ademais, foi unha investigadora adiantada ao seu tempo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade