Volve o aire polar a Galicia con neve na montaña de Lugo

Remata o episodio de altas temperaturas cun descenso dos termómetros de 10 graos menos nas máximas en todo o país

O episodio de altas temperaturas chega ao seu fin tras máis dunha semana por riba dos 20 graos, e con xornadas nas que varias localidades galegas chegaron a rexistrar as máximas en toda España. Esta situación anómala, moi por riba das medias do mes de marzo, provocou mesmo grandes incendios. Ademais, esta calor chegaba ao remate dun inverno especialmente cálido e seco no país.

Pero esta situación rematará a vindeira semana, coa entrada dunha grande masa de aire polar en Galicia, como consecuencia da retirada do anticiclón das Azores a latitudes máis meridionais no Atlántico e pola entrada dunha borrasca que afectará ao noroeste da península Ibérica.

Publicidade

O resultado será unha caída xeralizada das temperaturas. Por exemplo, Santiago de Compostela disfruta este sábado de 21 graos de máxima, pero unha semana máis tarde o termómetro non subirá dos 11, segundo as predicións de Meteogalicia.

A caída das temperaturas vai materializarse este mesmo martes e será moi acusada cara á fin de semana, o primeiro do mes de abril, no que se espera que a neve volva caer nas montañas de Lugo.

Publicidade

Esta fin de semana poderemos despedirnos do tempo cálido, agás por algunhas tormentas no interior do país, provocadas polo aire frío que xa chega ás capas máis altas da atmosfera.

Así que, a partires da vindeira semana, poderemos esquecer os termómetros case propios do verán para volver abrigarnos porque volve o frío a Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego