Prohiben en Galicia suplementos alimenticios co principio activo da Viagra

A Axencia Española do Medicamento retira varios produtos con sildenafilo e tadalafilo polos seus riscos para a saúde cardiovascular

Días despois de que se coñecera que varios países africanos retiraran unha bebida enerxética polo seu contido en sildenafilo (un principio activo indicado para restaurar a función eréctil, utilizado en medicamentos como o Viagra), son as autoridades de España as que anuncian a detección duns suplementos alimenticios á venda no mercado con este mesmo compoñente. A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) anunciou hoxe a prohibición e retirada do mercado de varios suplementos alimenticios pola presenza de sildenafilo e tadalafilo, que non aparecían na súa etiquetaxe.

A entidade tivo coñecemento do asunto a través dos Servizos de Inspección dos Servizos Sanitarios de Pontevedra, a Sección de Ordenación e Inspección Sanitaria da Generalitat Valenciana e a Unidade EPRONA da Garda Civil de Alicante, a raíz da operación Pangea XI. Segundo recolle Europa Press, a operación provincial tivo tamén lugar en Lugo e Pontevedra, onde se localizaron produtos como Augebit, Sweet End, Over-X, Infinitum e Power Up.

Publicidade

Estes suplementos estaban comercializados como complementos alimenticios, e fora notificada a súa comercialización ás autoridades competentes, segundo o previsto na normativa. A etiquetaxe indicaba, do mesmo xeito, que foran fabricados en Malasia e distribuídos por una empresa con sede en Algés, preto de Lisboa.

Non en tanto, as análises levadas a cabo polo Laboratorio Oficial de Control da AEMPS certificaron que os mencionados produtos conteñen as substancias activas sildenafilo e  tadalafilo, non declaradas na súa etiquetaxe, que indican só como compoñentes unha serie de produtos de orixe vexetal.

Publicidade

Utilizados para a Viagra

Así, estas substancias activas, utilizadas en medicamentos como o Viagra, estaban en cantidades suficientes nestes suplementos alimenticios como para restaurar, corrixir ou modificar unha función fisiolóxica exercendo unha acción farmacolóxica, o que “confire a este produto a condición de medicamento” segundo a lexislación española.

O  sildenafilo e o tadalafilo están indicados para restaurar a función eréctil deteriorada mediante o aumento do fluxo sanguíneo do pene por inhibición selectiva da fosfodiesterasa 5 (PDE-5).

Que poden provocar o sildenafilo e o tadalafilo?

Porén, estes inhibidores da PDE-55 “están contraindicados en pacientes con infarto agudo de miocardio, anxina inestable, anxina de esforzo, insuficiencia cardíaca, arritmias incontroladas, hipotensión (tensión arterial menor a 90/50 mmHg), hipertensión arterial non controlada, historia de accidente isquémico cerebral (ictus isquémico), en pacientes con insuficiencia hepática grave e en persoas con antecedentes de neuropatía óptica  isquémica anterior non arterítica ou con trastornos hereditarios dexenerativos da retina, como retinite pigmentosa (unha minoría destes pacientes teñen trastornos xenéticos das  fosfodiesterasas da retina).

Así, estes principios activos (os inhibidores selectivos da PDE-5) tamén presentan numerosas interaccións con outros medicamentos, podendo ademais aparecer reaccións adversas de diversa gravidade a ter en consideración, como as cardiovasculares.

Considerando os riscos mencionados e a normativa vixente, a AEMPS acordou a prohibición da comercialización e a retirada de todos os exemplares dos suplementos alimenticios.

Aquí podes ler a nota da AEMPS.

2 COMENTÁRIOS

  1. Cialis samples [url=http://vgronlinepharmacy.com/]pharmacy online[/url]
    [url=http://healthymenviagra.com/]healthyman[/url]
    [url=http://v100mgonline.com/]viagra pills for sale[/url]
    [url=http://canadianpharmacy24hr.online/]on line pharmacy[/url]
    [url=http://supremesuppliersindia.com/]supremesuppliersindia.com[/url]
    [url=http://healthymenviagra.com/]healthy man viagra offer[/url]
    [url=http://skypharmac.com/]skypharmacy[/url]
    [url=http://canadapharmacyonlinedrugstore.com/]pacific care pharmacy[/url]
    [url=https://usapharmacynoscript.com/]usapharmacynoscript.com here[/url]
    [url=http://woldwidewithoutaprescription.com/]non prescription india pharmacy[/url]
    [url=http://canadapharmacyt.com/]canadian pharmacy cialis[/url]
    [url=http://xyzpharm.com/]usa pharmacy no script[/url] Brand viagra with fast delivery

  2. купить аттестат 11 класса челябинск [url=https://arus-diplom22.ru/]купить аттестат 11 класса челябинск[/url] .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable