Sábado 20 Abril 2024

Retirada unha bebida enerxética que provocaba ereccións de 6 horas

Mesturar o principio activo da Viagra cunha bebida enerxética non semella unha boa idea. Pero é a que tiveron uns empresarios que distribuían o produto no sur de África, con consecuencias indesexadas para os seus consumidores.

A bebida era coñecida como Power Natural High Energy Drink SX e as autoridades de Zambia veñen de prohibir a súa venda despois de que as probas demostraron que se enriqueceu con citrato de sildenafil, un medicamento máis coñecido pola marca comercial Viagra.

Publicidade

Hai uns meses, a Autoridade Nacional de Drogas de Uganda comezou a investigar a bebida enerxética despois de que se presentase unha queixa de que un home ugandés sufrira unha constante sudoración e unha erección de case seis horas despois de beber a bebida.

As autoridades enviaron mostras ás nacións próximas para confirmar o resultado. “Os resultados de Zimbabwe e Sudáfrica tiñan correlación cos obtidos no Laboratorio de Alimentos e Medicamentos e indicaron unha presenza positiva de citrato de sildenafil”, reflicte declaración das autoridades de Zambia citada polo Lusaka Times.

“Os niveis de citrato de sildenafil atopados nas mostras oscilaron entre 68,5 mg e 71,3 mg por 250 ml da bebida”, especificou o estudo químico. Segundo o sitio web de Viagra , a dose media recomendada é de 50 mg. Así que as bebidas producían unha forte e duradeira erección nos homes que a consumían. Sen que puidesen explicar o que semellaba un episodio de priapismo.

O citrato de sildenafilo é un medicamento que demostrou ter algúns efectos interesantes para a saúde (incluída a redución do risco de cancro colorrectal ), pero o máis importante polo que se coñece é a axuda para a disfunción eréctil.

Pero é un medicamento e ten efectos secundarios como dores de cabeza e ereccións prolongadas, especialmente se non verifica a cantidade que debe tomar cun profesional da saúde.

A axencia Reuters confirmou que Zambia ordenou ao fabricante que retire a bebida e suspenda a produción. Tamén o fixeron outros países da zona. Pero o xornalista da BBC Kennedy Gondwe fixo unha crónica en Lusaka, na que di que as bebidas seguen nos estantes dos supermercados e que, ademais, a nova información aumentou a súa popularidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os riscos do sildenafilo e tadalafilo, compoñentes da Viagra

A Axencia Española retira por segunda vez en dous meses e medio complementos alimenticios que poden provocar serias doenzas

Prohiben en Galicia suplementos alimenticios co principio activo da Viagra

A Axencia Española do Medicamento retira varios produtos con sildenafilo e tadalafilo polos seus riscos para a saúde cardiovascular