Unha masa de aire moi frío deixará neve en cotas pouco habituais en Galicia: estas son as zonas afectadas

Os modelos de MeteoGalicia prevén que a borrasca Ingrid sitúe a altitude das precipitacións sólidas entre os 300 e 400 metros

A última vez que se rexistrou neve en cotas baixas en Galicia foi en 2023, cando unhas temperaturas excepcionalmente baixas permitiron que as precipitacións se solidificasen a niveis pouco habituais. Esta situación podería repetirse o venres 23 de xaneiro, xa que, segundo os modelos meteorolóxicos de MeteoGalicia, a cota de neve baixará ata os 300-400 metros. Tras unha sucesión de invernos moi cálidos, trátase dun escenario pouco frecuente.

Segundo explican dende o servizo meteorolóxico, a borrasca Ingrid, que se formou como unha cicloxénese explosiva, será a responsable da entrada de aire frío, cun descenso térmico moi acusado pola presenza dun centro de baixas presións situado ao sur de Irlanda. Este sistema favorecerá a aparición de neve a partir da noite do xoves e durante a xornada do venres.

Publicidade

O interior das provincias da Coruña e Pontevedra, así como Lugo e Ourense, veranse afectadas por nevadas por enriba dos 300 ou 400 metros. Deste xeito, en localidades onde non é habitual este fenómeno, como Melide, podería aparecer o manto branco. Zonas elevadas do concello de Melide, áreas como o concello de Dozón, ou o monte Pedroso, nas inmediacións de Santiago de Compostela, poderían ser testemuñas das nevadas. Ademais, dende Meteored sinalan que nos principais cumios do Macizo Galaico-Leonés poderían acumularse máis de 60 ou 70 centímetros de neve, puntualmente incluso máis.

Con todo, trátanse aínda de datos provisionais, baseados en previsións a tres días vista. Como lembran os técnicos de MeteoGalicia, estamos ante un episodio moi rápido, asociado á entrada dunha masa de aire frío tras o paso dunha fronte: a cota situarase entre os 1.100 e 1.400 metros o xoves, descenderá de maneira abrupta o venres e volverá subir durante o sábado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual