A borrasca Fien baixa a cota de neve aos 300 metros e pon en alerta vermella ao litoral

A situación máis adversa virá pola tarde en toda Galicia e provocará un forte descenso das temperaturas

As borrascas Gerard e Fien provocarán que toda Galicia estea este martes en risco importante ou risco extremo por vento, fenómenos costeiros, neve ou choivas, segundo vén de informar a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia vén de activar unha alerta vermella por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña. Segundo a AEMET, o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello comezará a media tarde da xornada deste martesna costa oeste e noroeste da Coruña.

Publicidade

Agárdase mar combinado do noroeste con ondas de ata nove metros. Cómpre lembrar que xa na xornada de este luns rexistráronse en todo o litoral galego un fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa que continuará hoxe con ondas de ata 8 metros.

A alerta por temporal costeiro súmase á laranxa por nevaradas que xa foi tamén activada para mañá nas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense, e á amarela no interior da Coruña; na Mariña lucense e no centro e sur de Lugo; nas zonas do noroeste, sur e Valdeorras e no interior da provincia de Pontevedra. Por este motivo, lémbrase que se suspende o transporte escolar toda a xornada do martes nas montañas de Lugo e Ourense e durante a tarde nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras

Publicidade

O temporal de vento e choiva, que deixou este luns case 250 incidencias en Galicia, empeorará este martes coa caída prevista das temperaturas e o descenso da cota de neve até situarse, conforme avance a xornada, en 300 metros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias