Un equipo da Coruña usa intelixencia artificial contra o tráfico de bens culturais

Investigadores da UDC encargaranse das análises criminolóxicas ao abeiro dun proxecto internacional liderado dende Italia

O grupo de investigación Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM) da Universidade da Coruña participa en RITHMS, un proxecto financiado pola Unión Europea que ten por obxectivo mellorar a capacidade operativa das forzas policiais e as autoridades aduaneiras para facer fronte ao tráfico ilícito de bens culturais a través da intelixencia artificial. O consorcio, coordinado polo Istituto Italiano dei Tecnologia (IIT), tamén está integrado por catro autoridades policiais, dúas axencias fronteirizas, unha academia de policía, así como empresas e institutos de investigación expertos no ámbito do Patrimonio Cultural e a tecnoloxía sobre sistemas integrados de telecomunicacións e protocolos de seguridade informática.

Actividade altamente organizada

O tráfico ilícito de bens culturais pasou de ser un fenómeno local, limitado á iniciativa duns poucos individuos, a converterse nunha actividade altamente organizada. Trátase dunha fonte de ingresos moi rendible para organizacións delituosas e grupos terroristas que aproveitaron as oportunidades que ofrecen a web e as redes sociais para ampliar aínda máis un mercado que xa estaba a prosperar. Neste contexto, RITHMS propón un enfoque interdisciplinario, necesario tamén polo carácter transnacional deste tipo de delincuencia, que incluirá desde análise do mercado da arte ata análises criminolóxicas, pasando por estudos xurídicos e forenses.

Publicidade

O obxectivo é o desenvolvemento dunha plataforma baseada en intelixencia artificial que permita identificar redes de delincuencia organizada e proporcione aos investigadores información valiosa sobre a súa actividade e posible evolución. En particular, a plataforma explotará o potencial da Análise de Redes Sociais (ARS), unha metodoloxía que permite comprender mellor o comportamento das persoas implicadas no tráfico ilícito a través das súas reaccións e interaccións en liña.

O grupo galego estará encabezado pola catedrática Patricia Faraldo

O proxecto recibiu un financiamento de 5 millóns de euros da Unión Europea, con cargo ao Programa de Investigación e Innovación Horizonte Europa. A coordinadora do proxecto é Arianna Traviglia, directora do Centro de Tecnoloxía do Patrimonio Cultural do IIT en Venecia (Italia).

Publicidade

O equipo da UDC, liderado pola catedrática Patricia Faraldo, vaise encargar das análises criminolóxicas sobre esta tipoloxía de tráfico ilícito, así como de supervisar os aspectos ético-sociais que implica a utilización dunha intelixencia artificial para a investigación criminal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%