Unha masa de aire polar cobre de neve Pedrafita do Cebreiro

Unha borrasca situada ás illas Británicas enviará unha nova fronte fría a Galicia que descenderá a cota ata os 900 metros

As montañas de Lugo e Ourense quedaron cubertas de neve a pasada fin de semana, despois de que unha forte borrasca trouxese unha masa de aire polar que provocou o descenso da cota de neve ata os 600 metros. Puntos do territorio, como o concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, espertaron estes días cubertos dun espeso manto branco. Malia que durante o comezo da semana non se agarda neve, debido á influencia das altas presións sobre Galicia, a chuvia, a sarabia e o aire frío volverán a azoutar o territorio a partir deste xoves.

Unha potente borrasca situada ao norte das Illas Británicas enviará unha fronte fría a Galicia que fará descender as cotas de neve entre os 900 e os 1.000 metros. Producirase un descenso notable das temperaturas, con mínimas que marcarán os 4 graos e máximas que non superarán os 10. Durante a fin de semana, outra borrasca azoutará Galicia en condicións semellantes, dado que provocará precipitacións, algunhas delas en forma de neve e xeadas asociadas aos espisodios de ventos do norte.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ingrid golpea Galicia con forza: neve, ventos a 160 km/h e máis de 700 raios

Pontevedra e A Coruña están en alerta vermella por temporal marítimo, onde xa se rexistraron ondas de 16 metros en Cabo Silleiro

Unha masa de aire moi frío deixará neve en cotas pouco habituais en Galicia: estas son as zonas afectadas

Os modelos de MeteoGalicia prevén que a borrasca Ingrid sitúe a altitude das precipitacións sólidas entre os 300 e 400 metros

O aire frío do interior de Europa pon Galicia en alerta por neve: estes son os concellos afectados

Catorce municipios das montañas de Lugo están en aviso amarelo por acumulacións superiores aos cinco centímetros en 24 horas

Os días de neve nas montañas de Lugo e Ourense reduciranse á metade a finais de século

O meteorólogo Benito Fuentes analiza o impacto do quecemento global sobre as estacións de esquí, con Cabeza de Manzaneda como a única de Galicia