O aire frío do interior de Europa pon Galicia en alerta por neve: estes son os concellos afectados

Catorce municipios das montañas de Lugo están en aviso amarelo por acumulacións superiores aos cinco centímetros en 24 horas

Galicia comeza a segunda semana de decembro con alerta amarela por neve nas montañas de Lugo, por ondas de máis de catro metros entre a Costa da Morte e a Mariña lucense e por mar de vento de forza 7 na mesma zona. A inestabilidade no litoral norte de Galicia débese aos restos da borrasca Darragh, mais a neve e o frío serán protagonistas durante toda a semana. Catorce concellos lucenses estarán en alerta amarela este luns por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros. Son A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Cervantes, Ribeira de Piquín, Baleira, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel e Baralla.

O responsable destas primeiras nevaradas da tempada en Galicia é o vento do nordés, que favorece a chegada dunha masa de aire frío procedente do interior de Europa. O anticiclón situado sobre as Illas Británicas propicia esta situación, con máximas que non superarán os 13 graos este luns en ningunha cidade galega e con mínimas que oscilarán entre os 3 e os 7 agás en Ferrol e A Coruña, que acadarán os 9 e os 10 graos respectivamente. Durante esta xornada a cota de neve situarase entre os 900 e os 1.000 metros, mais subirá entre os 1.000 e os 1.100 durante a tarde.

Publicidade

Tempo estable, pero frío

Meteogalicia desactivará as alertas por mar de vento e ondas na tarde deste luns e o aviso por neve estará activo ata a madrugada. Durante a xornada do martes a situación será semellante, mais sen alertas. A cota de neve estará situada nos 1.000 metros porque o vento do nordés continuará traendo aire polar a Galicia, propiciado polas altas presións sobre as Illas Británicas. De feito, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. A atención do martes está posta nas néboas, que serán “localmente persistentes” en comarcas do interior.

No que respecta ao mércores, a situación non experimentará cambios. Seguirá predominando o tempo estable e as temperaturas frías. De feito, as mínimas descenderán aínda máis, malia que as máximas manteranse sen cambios significativos. Na segunda metade da semana tampouco se producirán grandes cambios na configuración atmosférica. Segundo prognostican dende Meteogalicia continuarán predominando os ventos do leste, polo que a probabilidade de precipitación será baixa. As temperaturas manteranse en valores propios para esta época do ano, con máximas que roldarán entre os 11 e os 10 graos e con mínimas que non subirán de 5.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual