Unha masa de aire africana empeora a calidade do aire en Galicia

Os modelos de Copernicus prevén un aumento das partículas en suspensión e unha posible deposición húmida durante as próximas horas

Hai unha semana, a calixe procedente do Sáhara, en forma de po en suspensión, xa ameazaba con alcanzar Galicia. Agora, os datos dos modelos europeos confirman a chegada destas masas de aire africano como explicación aos ceos turbios do mércores 4 de marzo na comunidade. A información facilitada polo programa europeo Copernicus e difundida por MeteoGalicia a través do seu perfil de X constata a presenza de partículas en suspensión (PM) sobre o territorio galego. Esta situación manterase, cando menos, ata o mediodía do xoves. Durante este período podería rexistrarse un aumento das concentracións de partículas (PM) en superficie, o que pode afectar á calidade do aire, especialmente nas zonas máis expostas.

A predición publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico tamén advirte da intrusión destas masas de aire africana. Os modelos estiman concentracións de entre 5 e 200 µg/m3 no nororoeste, norte e nordeste peninsular. Segundo o modelo SKIRON, especializado no seguimento do po sahariano, podería producirse ademais deposición húmida en Galicia ao longo do día, é dicir, precipitacións que arrastren o po en suspensión e dean lugar a episodios de chuvia con barro. Precisamente, a súa chegada está prevista para mañá, con aviso amarelo no norte da Coruña e na Mariña lucense, segundo MeteoGalicia.

Publicidade

Con todo, ao longo da xornada do xoves comezará unha diminución progresiva das concentracións. Os modelos do Copernicus Atmosphere Monitoring Service (CAMS) prevén valores máis baixos, de entre 5 e 75 µg/m3 para o sueste, noroeste e norte peninsular, e cara ao mediodia a nube de po africano iniciará a súa retirada do noroeste galego.

  • Predición de partículas de po sahariano para o mércores 4 de marzo ás 12:00 horas. Foto: AEMET
  • Predición de partículas de po sahariano para o xoves 5 de marzo ás 12:00 horas. Foto: AEMET

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla