Un investigador galego gaña un premio internacional por un artigo sobre as xaquecas

Os achados do estudo galardoado por unha revista americana abren novas perspectivas para desenvolver estratexias terapéuticas máis precisas para a hemicrania

O traballo do investigador do IDIS Alberto Ouro Villasante foi recoñecido co Premio á Mellor Publicación Científica do ano 2025 da revista Headache. Este galardón distingue ao artigo considerado máis relevante entre todos os publicados durante o ano nunha das revistas internacionais de referencia no ámbito das cefaleas e os trastornos asociados á xaqueca. O recoñecemento é concedido pola American Headache Society, o que subliña o impacto científico e clínico do traballo a nivel internacional.

“Este galardón supón un recoñecemento internacional de alto nivel científico e, ao mesmo tempo, un recoñecemento ao traballo multidisciplinar realizado, que integrou investigación básica, análise bioquímica, aproximación clínica e colaboración entre diferentes perfís profesionais”, resalta o autor principal do traballo. “Seguiremos avanzando na capacidade teragnóstica enfocada na hemicrania, co obxectivo de avanzar cara a ferramentas que permitan unha mellor estratificación de pacientes e unha terapia máis personalizada”, engade o doutor Ouro Villasante.

Publicidade

Principais resultados

No estudo, coordinado polo Grupo de Cefaleas do IDIS que lidera o Dr. Rogelio Leira e o Grupo de Neuroenvellecemento do Dr. Tomás Sobrino, demostrouse, por primeira vez, a existencia de niveis significativamente elevados de autotaxina sérica en pacientes con hemicrania, tanto episódica como crónica, en comparación con suxeitos de control. Estes resultados achegan evidencia directa da implicación do metabolismo de lípidos bioactivos na fisiopatoloxía da hemicrania e reforzan a hipótese de que a vía autotaxina–LPA podería desempeñar un papel relevante na activación trixeminovascular e nos procesos neuroinflamatorios asociados á enfermidade. Ademais, estes achados abren novas perspectivas para a identificación de biomarcadores e o desenvolvemento de estratexias terapéuticas máis precisas.

Desde o IDIS aseguran que o premio supón, sobre todo, un recoñecemento ao esforzo colectivo do persoal e a unha liña de investigación orientada a trasladar coñecemento básico cara a aplicacións clínicas que poidan beneficiar aos pacientes con hemicrania. Grazas a que este traballo, pioneiro e innovador, os grupos de traballo recibiron novas fontes de financiamento competitivo do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento 2024, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dez días menos de xaqueca ao mes grazas a unha terapia con anticorpos

É unha opción terapéutica segura para maiores de 65 anos, a partir de fármacos que bloquean unha proteína implicada nos procesos de dor

A galega que deseñou un sistema para predicir xaquecas: “Temos unha taxa de éxito do 75%”

A neuróloga galega Ana Gago acaba de recibir o premio Cefaleas por un dispositivo capaz de predicir unha crise con 30 minutos de antelación

Aprobado o primeiro aerosol nasal de acción rápida para tratar a dor de cabeza intensa

Estados Unidos demostra que este medicamento pode aliviar a xaqueca aguda e incluso eliminar a dor cunha única dose de 10 miligramos