Un mes de sismos en Ourense: 130 tremores que parecen conterse

O enxame sísmico na contorna de Laza, Vilar de Barrio e Sarreaus, no que se produciu un sismo de magnitude 3,6 o 20 de maio, remite desde comezos de mes

Desde que o pasado 13 de maio, ás 6.45 da mañá, un tremor de magnitude 2,8 preto de Laza se rexistrase na Rede Sísmica do Instituto Geográfico Nacional, esta zona da provincia de Ourense, próxima ao Macizo Central, e que tamén abrangue os concellos de Vilar de Barrio ou Sarreaus, experimentou un dos meirandes enxames sísmicos dos últimos anos en Galicia.

Esta serie de tremores tivo o seu cumio na noite do 20 ao 21 de maio, xusto cando se cumprían 24 anos do gran sismo de magnitude 5,1 de Lugo en 1997. Hai agora tres semanas, miles de persoas de boa parte de Galicia (o IGN recibiu centos de avisos) por un tremor de magnitude 3,6 (nun primeiro momento situouse en 4,1 e logo revisouse a 3,9, antes do cálculo final). Nos días anteriores e posteriores ao 20 de maio concentráronse boa parte dos sismos, seis deles de magnitude superior a 3 e sentidos na contorna.

Publicidade

Por que se produciu o enxame sísmico en Ourense?

Naquel momento, en conversa con GCiencia, o investigador Gerardo de Vicente Muñoz, do departamento de Xeodinámica da Universidad Complutense de Madrid, explicaba o contexto do enxame sísmico de Ourense: “A península ibérica ten unha velocidade de aproximación lenta respecto a África, a un ritmo de 3-5 milímetros/ano. Isto quere dicir que, por exemplo, temos menos sismos ca Grecia ou Italia, pero aquí tamén hai terremotos”.

Así, “no oeste da península hai un sistema de fallas que se moveron moito en tempos recentes (en termos xeolóxicos) durante o Cenozoico e tamén no Cuaternario”, explica De Vicente. O científico menciona o “sistema Penacova-Regua-Verín e o de Vilariça-Manteigas-Bragança, que son consideradas activas en Portugal e que atravesan a fronteira ata chegar en España ata o norte de Verín e o sur do Bierzo”.

Publicidade

Para Gerardo de Vicente, “é o sistema de fallas que, probablemente, produciu a sismicidade en Laza. Estas cousas pasan e volverán pasar; o problema é que non podemos dicir cando“, conclúe.

O enxame sísmico de Ourense foi o máis importante do último mes na península ibérica. Con todo, no mar de Alborán, fronte á costa de Marrocos, que adoita ter unha actividade sísmica relevante, estase a producir tamén unha serie de tremores que en varios casos xa superaron a magnitude 4.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Aínda non sabes onde ver a eclipse en Galicia? Estas son as cinco mellores aplicacións para descubrilo

A previsión meteorolóxica, a orografía e a posición do Sol son algúns dos factores que permiten consultar para escoller o punto de observación