Estes son os 206 concellos sen Covid-19 desde, polo menos, a semana pasada

Outros 100 municipios notifican menos de 10 positivos nos últimos sete días, e só sete superan esta cifra en todo o territorio

O anuncio das novas medidas da desescalada fronte á pandemia da Covid-19, que entrarán en vigor este sábado en Galicia, coincide co aceleramento na caída da incidencia do SARS-CoV-2. Se en termos xerais a comunidade se situaba este mércores, por primeira vez desde mediados de agosto de 2020, por baixo dos 50 casos/100.000 habitantes a 14 días, e menos de 20 na última semana, a nivel municipal superouse unha nova barreira nestes últimos días: 206 dos 313 concellos galegos están libres de Covid-19, canto menos, desde o pasado 2 de xuño, segundo os datos do Sergas. E outros 100 contabilizan entre 1 e 9 casos. Só sete municipios (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Arteixo, Pontevedra e Carballo) suman 10 ou máis casos.

Deste xeito, constátase un descenso pronunciado da transmisión do SARS-CoV-2, nun momento no que arredor do 50% da poboación ten unha dose e preto do 33%, a pauta completa. Os cinco concellos que permanecerán no nivel medio a partir do sábado (Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove), rexistran menos de 10 novos positivos na última semana e, probablemente, acaben igualándose, se non hai novidades, ao resto de municipios despois das novas reunións do comité clínico.

Publicidade

Incidencia acumulada

Nalgúns concellos, a incidencia acumulada segue sendo alta por pequenos agrupamentos de positivos que, unidos á escasa poboación, disparan a incidencia pese a situarse por baixo da decena. É o caso de Toques, único concellos que supera o indicador de 250 nos últimos sete días, e Mañón, Triacastela ou O Vicedo (entre 125 e 250). A 14 días, só Xove e Toques seguen por riba de 250, mentres que outros concellos que oscilan entre 150 e 250 (Lousame, Beariz, Cortegada, Zas ou Outeiro de Rei) tamén reduciron a transmisión neste tempo. No referente ás cidades, ningunha supera os 100 casos novos na última semana, e só A Coruña e Vigo están por riba da cifra a 14 días (124 e 187, respectivamente).

Publicidade

Porén, a redución da transmisión está a levar ao mínimo os concellos afectados en grandes áreas de Galicia. É, por exemplo, o caso da provincia de Ourense, onde só 15 municipios (Beariz, O Carballiño, Xinzo de Limia, Bande, Muíños, Arnoia, Cortegada, Verín, O Barco, Carballeda de Valdeorras, Amoeiro, A Merca, Barbadás, O Pereiro de Aguiar e a capital provincial) rexistraron infeccións na última semana. Na zona oriental de Lugo, e o interior das provincias da Coruña e Pontevedra tamén hai un número importante de localidades sen positivos. Coincide, ademais, que ao tratarse de zonas cunha alta idade media, a vacinación chega xa a unha proporción maior de habitantes, o que axuda na redución da transmisión e de casos graves.

Podes buscar o teu municipio aquí:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade