Así se viu a eclipse parcial de Sol deste xoves 10 de xuño

Mllóns de persoas en todo o planeta seguiron o fenómeno; así o retransmitiu o Real Observatorio Astronómico de Madrid

Boa parte dos habitantes das latitudes máis altas do hemisferio norte da Terra puideron observar esta mañá unha eclipse parcial de Sol, que nas zonas máis ‘afortunadas’ arredor do Ártico, chegou a ser anular.

O máximo da eclipse acadouse en Galicia (o lugar da península ibérica no que mellor se puido ver o fenómeno) minutos antes das 11.45 horas, cando se ocultou algo máis do 20% da superficie solar por mor do paso da Lúa entre ela e a Terra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Onde ver a eclipse do 12 de agosto? Unha aplicación puntúa os mellores lugares de Galicia

A fronteira asturiana e a provincia de Lugo teñen os miradoiros máis idóneos, pero tamén no terreo da Coruña se atoparán espazos onde desfrutar o fenómeno con claridade

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Da curiosidade ao estrés: como afecta a eclipse aos animais?

A etóloga da USC Ángela Fernández explica que cada individuo poderá reaccionar de forma diferente, pero existen manifestacións habituais como o aumento na vocalización das aves