Máis de tres mil raios e grandes bólas de pedrazo caeron sobre Galicia

A provincia de Lugo e a comarca do Deza, principais zonas afectadas polas treboadas, que chegaron a causar danos materiais

Xa avisaran a Aemet e MeteoGalicia, co nivel laranxa e amarelo por treboadas para a tarde do mércores nas provincias de Lugo e A Coruña. Ademais das precipitacións en varias localidades lucenses, as tormentas colleron por sorpresa á comarca do Deza, onde o pedrazo acadou tamaños considerables e mesmo chegaron a rachar os vidros dun coche, segundo se pode ver nestas imaxes:

O radar de MeteoGalicia captou en total máis de 3.000 raios sobre Galicia, e máis de 5.000 en total, contando os que caeron sobre o Atlántico e o resto do noroeste peninsular. A maioría deles concentráronse entre as 14 e as 20 horas do mércores.

Publicidade

Para hoxe mantense a aviso amarelo, tamén por treboadas, na montaña de Lugo, entre as 15 e as 21 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla