Activan o aviso laranxa en Galicia por fortes treboadas

As provincias de Lugo e da Coruña serán as máis afectadas polo fenómeno de intensas tormentas

Aviso laranxa en Galicia polas fortes treboadas que se esperan dende este xoves ata a fin de semana, sobre todo na provincia de Lugo, aínda que poderán aparecer en todo o país. A AEMET ten activado o aviso laranxa no centro de Lugo e montaña dende as 16.00 horas deste xoves ata as 22 horas, para continuar con alerta amarela que vai continuar durante a xornada do venres.

Tormenta eléctrica sobre Vigo no ano 2010. Foto: Contando Estrelas.

Na provincia da Coruña tamén está activado o aviso amarelo para este xoves e venres, tamén por fortes precipitacións que poden ir acompañadas de saraiba o día de hoxe, onde poderían chegar a caer precipitacións en forma de saraiba e lóstregos.

Publicidade

As precipitacións poderían ser especialmente intensas no interior e o noroeste da provincia da Coruña.

Os protagonistas destas treboadas serán os cumulonimbos, un tipo de nube con características únicas, como o feito de que se eleve máis que ningunha outra, alcanzado os doce quilómetros de altura. Dentro dun cumulonimbo hai intensas correntes de convección, que desprazan o aire de arriba a abaixo e de abaixo a arriba de xeito violento. Isto favorece a carga eléctrica destas nubes que en moitas ocasións rematan con descargas en xeito de treboada, en medio de precipitacións de curta duración pero moi intensas.

Publicidade

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

E aquí, o boletín de avisos da AEMET

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro