Os restos do ciclón Margot chegarán a Galicia como unha borrasca fría

O mércores será o día de maior inestabilidade atmosférica, con chuvascos intensos que se estenderán ata o xornada do xoves

A escasos días de comezar o outono, Galicia encadea a inestabilidade atmosférica con xornadas de transición e ceos despexados. As altas temperaturas do verán van quedando atrás e en menos dunha semana e tralo paso dunha borrasca fría illada, o país volve encarar unha segunda fronte. Este luns o clima estará influenciado pola entrada dun anticiclón que estará activo ata o mércores, cando volve entrar unha borrasca fría que deixará chuvascos en todo o país. Esta inestabilidade atmosférica nace dos restos do ciclón tropical Margot, que, aínda que foi perdendo forza co tempo, na actualidade viaxa polo Atlántico e alimenta os fenómenos meteorolóxicos.

A predición para esta semana en Galicia é cambiante. Segundo apuntan dende MeteoGalicia, “todo pode mudar no último momento”. A fronte fría descargará abundantes precipitacións, sendo as últimas horas do mércores as máis intensas. Nestes momentos está activa a alerta amarela por ventos e precipitacións na Coruña, A Mariña de Lugo, Rías Baixas e no Miño de Pontevedra.

Publicidade

O xoves 21 de setembro choverá, pero “dentro da normalidade”, sosteñen dende o organismo. E a partir da fin da semana, todo apunta á entrada dun novo un anticiclón. De maneira que o outono pode empezar con temperaturas por enriba dos 20 graos, e incluso chegar aos 26 nas Rías Baixas de cara a vindeira semana.

Outono con sabor a verán

No resto de España, unha nova DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) afectará á franxa mediterránea peninsular e ás Illas Baleares o martes e mércores. Ademais, estas precipitacións de forte intensidade poderán ir acompañadas de tormenta e refachos de vento moi agudos. Segundo explica a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a fronte atlántica que entra o mércores —ademais da DINA— ao mediodía “varrerá o interior peninsular de oeste a este con precipitacións máis débiles”. A partir do xoves, a fronte desprazarase cara ao este, deixando chuvascos débiles na meirande parte da península, agás no Mediterráneo. A fin de semana recuperaranse as altas presións e todo apunta a que o outono vai comezar con sabor a verán.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior