O furacán ‘Margot’ avanza cara aos Azores: así afectará a Galicia

No seu avance cara ao oeste peninsular perderá forza e prevese que se converta en borrasca, que deixará abundantes chuvias no país

O Centro Nacional de Furacáns de Estados Unidos (NHC, polas súas siglas en inglés) acaba de declarar como furacán a tormenta tropical Margot, que está a desprazarse polas augas do Atlántico. O sistema está ascendendo en latitudes mentres se vai fortalecendo e, de feito, está previsto que se sitúe ao oeste dos Azores esta fin de semana ou a principios da que vén. Segundo informan dende o NHC, nestes momentos está a rexistrar refachos de vento de 130 km/h e non se descarta que se fortaleza aínda máis nas próximas 48 horas. Malia que de momento non hai un ningún risco de que afecte a terra, este escenario cambiará conforme se achegue aos Azores. Diferentes servizos de meteoroloxía, alertando da incerteza á que sempre está sometido o prognóstico do tempo, cren que podería converterse nunha borrasca e afectar a Galicia de cara á fin de semana ou nos primeiros días da que vén.

Dende o portal meteorolóxico eltiempo.es informan que, de momento, “o furacán Margot non supón unha ameaza para España e parece improbable que este escenario puidera ocorrer”. En todo caso, o prognóstico que colle máis forza é que os restos deste furacán, xa debilitado, afecten a península e, en primeiro lugar, a Galicia. Pero este fenómeno adverso non será o único responsable de que a inestabilidade continúe no noroeste peninsular dende que comezou setembro. Ao longo de toda esta semana, novas borrascas atlánticas con aire frío en altura volverán deixar chuvia e tormentas en Galicia e noutras partes do Estado, segundo a previsión de eltiempo.es.

Publicidade

A posible entrada doutra DANA

De feito, máis alá dos restos do furacán Margot, o meteorólogo Roberto Granda advirte nun artigo publicado en eltiempo.es da posibilidade de que esta fin de semana tamén nos afecte unha DANA (Depresión Illada en Niveis Altos), o que provocaría máis chuvias e unha baixada acusada das temperaturas. “De cara ao venres, unha vaguada colocaríase no oeste peninsular. É moi probable que durante este día e o sábado, un embolsamento frío en capas medias altas se desvolge no seno de dita vaguada“, expón no seu artigo. De momento, a incerteza a tantos días vista non permite afinar máis o prognóstico, que varían entre a influencia dunha DANA ou dunha borrasca. O que si parece firme é que a partir do venres a inestabilidade aumentará en toda a península, incluída Galicia, independentemente do fenómeno que nos afecte.

Dende Meteogalicia confirman que as xornadas deste mércores e xoves estarán marcadas pola influencia anticiclónica e, por tanto, polas altas temperaturas e os ceos despexados en case todo o país, agás algunhas zonas da montaña ourensá ou do leste, nas que se producirán chuvascos illados. Porén, o cambio drástico de tempo comezará a experimentarse a partir do venres, cando entrarán os embolsamentos de aire frío en altura e, previsiblemente, os restos do furacán Margot. Así, a probabilidade de precipitación vai ser alta en todo o país durante o sábado e o domingo e virá acompañada dun descenso das temperaturas.

Publicidade

  1. DANA sería DINA en galego, atendendo ás palabras qe compñen este acrónimo qe tan ben explicades vós, depresion illada en niveis altos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O furacán Gabrielle cambia de traxectoria: así afectará a Galicia

O percorrido levarao cara a Lisboa e ao Golfo de Cádiz, con efectos secundarios sobre o litoral noroeste con ventos e ondas elevadas

O furacán Gabrielle avanza cara a Galicia: esta é a súa posible evolución

Algúns dos máis de 50 escenarios meteorolóxicos prevén o seu impacto na costa galega en forma de borrasca

Os restos do furacán Erin traen chuvia a toda Galicia e activan a alerta amarela na costa

A borrasca situada ao oeste das Illas Británicas enviará varias frontes ao longo dos próximos días e provocará un descenso das temperaturas

O paso de Kirk por Galicia deixa refachos de 180 km/h e 100 litros por metro cadrado

O exfuracán desprazarase este mércores cara ao leste e tanto o vento como a chuvia amainarán en todo o territorio ao longo da mañá