Cambio radical no tempo: da calor do verán ás chuvias intensas esta fin de semana

As precipitacións abundantes poderán superar o sábado os 50 litros por metro cadrado, o día de maior inestabilidade

Galicia está desfrutando da calor e dos ceos despexados. Despois da pasada fin de semana de intensas treboadas, onde se rexistraron 10.000 raios en menos de 24 horas, o tempo de verán aguanta, pero non por moito tempo. A pouco de comezar o outono, Galicia sufrirá un cambio radical no clima a partir do venres. Unha borrasca fría illada descargará precipitacións intensas a partir do sábado, superando os 50 litros por metro cadrado. A chuvia estará presente tamén o domingo, e dende MeteoGalicia apuntan que non se poden descartar treboadas en áreas de montaña, pero non será un fenómeno xeneralizado como o da pasada fin de semana.

O anticiclón que mantén os termómetros por riba dos 25 graos nalgúns puntos do país dará paso a unha borrasca situada ao oeste de Galicia. O venres desaparecerá a influencia das altas presións e será un día de transición, sendo o sábado o día de máis inestabilidade desta fronte. José Miguel Viñas nun artigo en Meteored apunta que “O venres comezará a xestarse unha situación de chuvias e tormentas abundantes que afectará a gran parte da península. Entre esa xornada e a do sábado formarase unha borrasca fría illada, asociada a unha DINA (Depresión Illada en Niveis Altos)”.

Publicidade

Unha fronte entre Portugal e Galicia

A fronte está colocada entre Portugal e Galicia, pero non é “profunda”, explican dende MeteoGalicia. O tempo cambiante é propio desta época, de maneira que a vindeira semana pode volver recuperarse a influencia anticiclónica, especialmente a partir do mércores. Ata hai uns días, existía a posibilidade de que esta fronte fose unha DINA, resultante do paso do furacán Margot. Este fenómeno alonxarase polo Atlántico –estaba achegándose aos Azores– e non afectará a España.

En canto ás temperaturas, non experimentarán grandes cambios. En Vigo, as máximas pasan dos 27 aos 22 graos de máxima, igual que en Santiago, onde as mínimas se situarán arredor dos 13 graos. Aínda que a vindeira semana se poida recuperar a influencia anticiclónica, todo apunta a que as temperaturas non serán tan altas como as que está desfrutando Galicia na actualidade. O 21 de setembro comeza o outono, de maneira que esta borrasca pode considerarse, aínda que sexa pequena, a despedida do tempo de verán.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable