Tormenta en Galicia: 10.000 raios rexistrados en menos de 24 horas

Case 6.000 raios caídos sobre territorio galego nas últimas horas e outros 4.000 no mar. Son os datos rexistrados polos medidores de Meteogalicia desde as 22,00 horas do venres até primeira hora deste sábado. En concreto, 5.800 caeron en terra, nunhas tormentas que ademáis do aparello eléctrico deixaron ao seu paso fortes precipitacións, en moitos casos concentradas nun período curto de tempo.

A maior acumulación de choiva rexistrouse na Fonsagrada (Lugo), onde se recolleron 33,2 litros por metro cadrado durante a xornada do venres. Os municipios ourensáns de Pazos de Borbén, Muíños ou a propia capital provincial foron algúns dos puntos máis chuviosos con acumulacións por encima dos 25 litros. A tormenta que azoutou a cidade da Coruña durante a noite do venres provocou o fundido do faro da Torre de Hércules. A Vigo os raios fixeron aparición hacia as 2,30 da madrugada. Na fotografía principal, de Divulgara, un momento da tormenta desta madrugada sobre Vigo.

Publicidade

Un raio cae detrás da ponte de Rande. Foto: Divulgara

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da intensa calor á inestabilidade: Galicia rexistra case 4.000 raios nas últimas 24 horas

A recta final da semana estará marcada polas treboadas, aínda que as temperaturas serán moderadas e remitirán as alertas por tormenta

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Galicia rexistra preto de 1000 raios en 24 horas e activa a alerta amarela por tormentas

O interior de Pontevedra concentrou a maior actividade eléctrica, con treboadas localmente fortes previstas para o mércores

Ingrid golpea Galicia con forza: neve, ventos a 160 km/h e máis de 700 raios

Pontevedra e A Coruña están en alerta vermella por temporal marítimo, onde xa se rexistraron ondas de 16 metros en Cabo Silleiro