Galicia rexistra preto de 1000 raios en 24 horas e activa a alerta amarela por tormentas

O interior de Pontevedra concentrou a maior actividade eléctrica, con treboadas localmente fortes previstas para o mércores

MeteoGalicia alertaba o pasado luns da inestabilidade xeralizada en Galicia con avisos de nivel amarelo por tormentas e chuvias na metade sur da comunidade. Este foi o motivo polo que a Rede de detección de raios do servizo meteorolóxico galego rexistrou un total de 965 en Galicia nas últimas 24 horas, a maioría rexistrados na tarde do martes 28 de abril.

A zona máis afectada foi o interior de Pontevedra, onde se concentra a maior cantidade de raios anteriores ás 5:00 horas da madrugada. Este mércores 29 as alertas por tormenta persisten, sobre todo no interior de Pontevedra, Ourense, e o sur e centro de Lugo, con treboadas localmente fortes. A partir do xoves, os avisos desaparecerán, segundo a previsión de MeteoGalicia.

Publicidade

As causantes son as dúas dinas que enmarcan a península, unha delas rozando a costa norte galega cun clima que se manterá ata o comezo de maio. Con todo, a inestabilidade farase evidente pola presenza dun anticiclón situado entre as illas británicas e Escandinavia, pois favorecerá o descenso do aire frío.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual