Ríos desbordados, inundacións e colapsos: estas son as consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Os veciños de Viana do Bolo espertaron na mañá do xoves 18 de xuño con graves desperfectos que van dende inundacións de baixos e garaxes ao desbordamento de ríos en Vilamartín de Valdeorras que obrigaron a curtar a circulación polas estradas a causa do arrastre de materiais. Estas son as consecuencias das fortes tormentas e chuvias torrenciais acontecidas na tarde do mércores 17, sendo as provincias de Ourense e Lugo as máis afectadas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) lanzou unha alerta laranxa por chuvias e tormenta, e MeteoGalicia publicou na rede social X que habería “chuvia moi forte e nalgunhas zonas torrencial entre o centro de Lugo e o sueste de Ourense”. Nas últimas 24 horas, a axencia meteorolóxica galega conta 5.990 raios, concentrados no leste da comunidade.

Os valores absolutos evidencian a inestabilidade meteorolóxica vivida en Ourense: a cifra máis elevada de vento rexistrouse en Viana do Bolo, cunha velocidade de 71,6 quilómetros por hora (km/h), seguido de Larouco, con 64,2 km/h. A chuvia tamén asolou a provincia con precipitacións en Vilardevós que acadaron os 41,1 litros por metro cadrado (L/m2) e os 31,4 L/m2 en Rubiá.

Publicidade

Dende a asociación Amigas das Árbores difundiron algunhas das imaxes das consecuencias do temporal ourensán e sinalan que “era unha crónica anunciada que máis cedo que tarde se ía cumprir e, lamentablemente, cumpriuse”. Así, atribúen os incidentes aos terreos asolados polas lapas no verán de 2025, xa que, tal e como informan, os montes calcinados non foron xestionados de forma axeitada para, durante a tempada de chuvias, minimizar a erosión, protexer os acuíferos, e evitar danos nas aldeas e infraestruturas.

  • Incidencias tras as fortes tormentas e chuvias torrenciais rexistradas en Ourense. Foto: @DeputacionOU vía X
  • Incidencias tras as fortes tormentas e chuvias torrenciais rexistradas en Ourense. Foto: @DeputacionOU vía X
  • Incidencias tras as fortes tormentas e chuvias torrenciais rexistradas en Ourense. Foto: @DeputacionOU vía X
  • Incidencias tras as fortes tormentas e chuvias torrenciais rexistradas en Ourense. Foto: @DeputacionOU vía X

Unha nova alerta amarela

MeteoGalicia activa o aviso amarelo para este xoves por tormentas na montaña de Lugo, que afectarán localmente os Ancares e A Fonsagrada entre as 15:00 e 21:00 horas. Con todo, baixa de nivel tras o aviso laranxa deste mércores. No caso da AEMET, non hai ningunha alerta activa sobre Galicia. A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes tamén acorda a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, agás deportes náuticos e acuáticos federados, nas zonas afectadas.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona