Galicia rexistra máis de 2.100 raios durante as últimas 24 horas

As zonas con máis actividade foron o occidente da Coruña e Pontevedra, o interior de Lugo e o oeste de Ourense

A comunidade galega comeza a semana acompañada polos raios: MeteoGalicia rexistrou 5.300 nas últimas 24 horas, dos cales 2.186 se produciron en terra. Unha ferramenta de observación da Aemet permite sinalar que o intervalo temporal de maior intensidade se produciu entre as 20:00 horas do domingo 23 e as 01:00 horas da madrugada do luns.

A semana amence cunha actividade eléctrica moito menor que a que se produciu durante a xornada anterior. Así e todo, os catro detectores de raios cos que conta MeteoGalicia —un en cada provincia— captaron os derradeiros nos últimos momentos da noite: houbo 45 entre as 5:00 e as 6:00 horas, 50 entre as 6:00 e as 7:00 horas, 83 entre as 7:00 e as 8:00 horas, catro entre as 8:00 e as 9:00 horas e, finalmente, tres na hora seguinte

Publicidade

Segundo o mapa que ofrece MeteoGalicia, as zonas nas que se rexistrou máis actividade foron as metades occidentais da Coruña e Pontevedra, a franxa de norte a sur entre os municipios lucenses de Muras e Sarria, unha segunda traxectoria de norte a sur entre o suroeste de Lugo e a metade oeste de Ourense, e algúns puntos do interior ourensán polas áreas de Maceda, Vilar de Barrio e Laza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro