A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Galicia quedará entre o mércores e o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que se localizará no norte da Península Ibérica. Desde esa posición achegará estabilidade, deixando ceos despexados e aproximará aire cálido de orixe norteafricano, o que ocasionará un importante incremento nas temperaturas diúrnas. É por iso que dende MeteoSalud e MeteoGalicia declara para o xoves 3 de setembro a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra.

Os valores máis elevados espéranse durante as tardes do xoves e do venres. O sábado aínda será un día caloroso, pero probablemente con nubes e algunhas tormentas no interior que farían descender lixeiramente as temperaturas e estes valores tenderían xa a normalizarse o domingo.

Publicidade

Ademais, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, recomenda non practicalo na zona en alerta vermella entre as 13:00 e 17:00 horas, salvo no caso dos deportes náuticos e acuáticos. Asemade, tanto no caso de alerta vermella como laranxa —centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense—, recoméndase á organización das probas que adapte os horarios da práctica deportiva ás condicións específicas de cada zona, tomando as medidas preventivas necesarias para minimizar o impacto das altas temperaturas na saúde. Os organizadores deberán garantir a protección dos deportistas e do público que asiste ás probas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes