O TSXG suspende de forma cautelar o permiso para cazar lobos aprobado pola Xunta

O alto tribunal afirma que hai “indicios consistentes” de que podería vulnerar a viabilidade das poboacións

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) suspende de forma cautelar a resolución da Xunta pola que se determinou o réxime de xestión do lobo na tempada 2024/2025 e se permitía a súa caza. Os xuíces entenden que a súa posta en práctica podería afectar a viabilidade das poboacións, tras un recurso presentado por WWF Adena.

A Sala, que aplicou o principio de precaución ambiental, explica no auto que na adopción das medidas de xestión que se contemplan na resolución, está “o control dos lobos coa fin de previr e paliar os danos á gandería”. Con todo, fai un balance preliminar sobre os prexuízos que pode ter esta medida provisional, por un lado sobre a gandaría e por outro sobre o lobo. Desde o TSXG destacan que sobre os danos á gandería non se ofrece información nin cuantitativa nin cualitativa suficiente. Ademais destaca que, de ocorrer, non serían reversibles pero si indemnizables.

Publicidade

Con base na xurisprudencia europea

O alto tribunal galego lembra na resolución que a medida cautelar se refire ao réxime de xestión do lobo na tempada 2024/2025. O réxime de caza doutras especies e a súa protección, aínda regulado total ou parcialmente pola Resolución do 27 de marzo de 2024 é alleo ao presente litixio. Os maxistrados advirten que esta medida cautelar “non pode anticipar o sentido da resolución final”.

No auto, o alto tribunal lembra que, conforme á xurisprudencia de resolucións da Unión Europea, que se impón o principio de precaución tanto na área concernida pola resolución como na avaliación extensa, que integra a áreas limítrofes. “Pero tendo que ser favorable o estado das poboacións en ambos os escenarios e non só nun deles”, engade. Ademais, indica que ante a provisionalidade inherente e a falta de probas actuais, existen indicios consistentes, coas mesmas limitacións probatorias, dunha cualificación desfavorable respecto do estado das poboacións. Por tanto, o TSXG accedeu á medida cautelar solicitada por WWF-ADENA.

Publicidade

Reacción da Xunta

Desde a administración autonómica “lamentan” non poder tomar medidas de control contra o lobo. Aínda que os servizos xurídicos da Xunta están a revisar xa o caso, aseguran que as poboacións deste animal aumentaron de 84 a 93 e que xa está presente en máis do 90% do territorio galego. O tribunal considera que non pode corroborar de forma probada esta visión positiva da Xunta sobre a situación dos lobos.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, alertou das posibles consecuencias para o sector agrogandeiro galego. Ademais, cre que a falta de medidas de control fronte á presenza do lobo significará que terán que solicitar axudas para compensar os danos cando se produzan. Mentres tanto, aplicarán as medidas de prevención establecidas previamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla