Un novo terremoto en Mondariz pecha unha semana de sismos en Galicia

Un terremoto de magnitude 2,7 rexistrouse na mañá deste sábado con epicentro no concello de Mondariz. A terra tremeu ás 11.39 horas, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional, e o hipocentro estivo situado a 23 quilómetros de profundidade.

Este novo sismo chega nunha semana na que se teñen rexistrado sete movementos sísmicos en Galicia, que comezaron o día 20 en Cualedro (con magnitude 2,4), o 21 no océano Atlántico fronte á costa galega (2,7), o 22 en Taboada (1,5), o 22 de novo no Atlántico (3,3), o 23 en Vilaboa (1,7), o 24 en A Gudiña (2,) e finalmente o de Mondariz deste sábado (2,7).

Publicidade

Localización dos terremotos en Galicia na última semana. Fonte: IGN.

A baixa magnitude do sismo de Mondariz fai difícil que sexa percibido pola maioría da poboación, pero si existen casos puntuais de cidadáns que sentisen o movemento. Se sentiu este movemento sísmico, pode colaborar co Instituto Xeográfico Nacional enchendo este cuestionario on line.

No caso do terremoto de Taboada, rexistrado o pasado martes 22 de xaneiro, todo indica que a súa razón pode atoparse no veciño encoro de Belesar, onde os movementos das augas provocan pequenos sismos na zona, como teñen comprobado os científicos en diversos estudos. Aquí podes ler máis sobre este fenómeno:

Publicidade

Belesar, o encoro que provoca terremotos

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla