Dous terremotos fan tremer Galicia nas últimas horas

Dous terremotos fixeron tremer Galicia nas últimas horas. O primeiro, de magnitude 2,4 na escala de Richter rexistrouse este domingo pola tarde, ao redor das 18.30 horas, con epicentro no municipio ourensán de Cualedro. Tivo unha profundidade de 4.000 metros.

O terremoto localizado no Atlántico fronte a Galicia.

O segundo, de magnitude 2,7 e 20 quilómetros de profundidade, produciuse ás 6.00 h desta mañá do luns, no océano Atlántico, nunha zona próxima ao litoral norte da comunidade, segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional.

Publicidade

O último sismo salientable en Galicia deuse o pasado mes de novembro con epicentro en Melgaço, Portugal, e sentiuse no sur de Pontevedra. Este terremoto foi de magnitude 3,8 na escala aberta de Richter, e foi sentido pola poboación en localidades tan distantes como Ponteareas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro