Hoxe será un dos días máis curtos desde que hai rexistros: Que acontece este 22 de xullo?

A xornada durará 1,34 milisegundos menos, algo cada vez máis habitual desde 2020 aínda que a evolución hai uns anos era a oposta

Levantas da cama, vas traballar, volves pola tarde, quedas cun amigo e, cando te das conta, xa toca durmir. “Que rápido pasou o día”, dirás. Hoxe, estarás no correcto desde o punto de vista científico. A Terra rematará a súa rotación, segundo as estimacións, 1,34 milisegundos antes. Unha cifra que non é fácil de prever pola cantidade de factores que xogan a súa parte neste proceso. Nos últimos anos, rexistrouse un aumento da cantidade de días que son máis curtos. Ao mesmo tempo, a evolución natural da Terra é de que os días sexan, cada vez, máis longos. Unha contradición que deixa moitas preguntas no aire.

A primeira de todas é por que os días deberían durar máis. Un estudo publicado no Proceedings of the National Academy of Sciences relata como os días tenden a ser máis longos pola lúa. Concretamente, destaca que a fricción das mareas oceánicas, especialmente provocada polo noso satélite, actúa como freo (a moi pequena escala) na rotación da Terra.

Publicidade

As estimacións actuais din que o día medra, aproximadamente, entre 1,7 e 2,3 milisegundos por século. Tamén se ve afectado polo cambio climático, segundo o artigo académico: o derretemento dos polos é unha forza máis que acelera este proceso. Segundo este, podería ter un impacto maior que a propia Lúa, algo que continuará mentres se manteñan as altas emisións.

Cada vez hai máis días curtos

As xornadas eran máis longas pero, progresivamente, a cantidade de días curtos foi aumentando nos últimos anos. Só neste verán, estímase que en total haberá 3 días especialmente curtos. Un foi o pasado 10 de xullo, outro será este 22 e o seguinte será previsiblemente o 5 de agosto. O día máis curto da historia foi o pasado 5 de xullo de 2024, con 1,66 milisegundos menos. O seguinte é o 29 de xuño de 2022 e hai moitos outros desde o 2020. De feito, a maioría dos días máis curtos desde que hai rexistros producíronse nos últimos 5 anos.

Publicidade

Os investigadores teñen dúbidas sobre cales poden ser os motivos desta anomalía. Algunhas das teorías pasan por movementos internos das masas da terra ou o cambio climático. De continuar esta situación, os expertos planean a posibilidade de ter que restar un segundo aos reloxos cara ao ano 2029. Porén, aínda cabe esperar se a Terra pode volver a desacelerar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

A Xunta activa a alerta vermella por calor extrema no interior de Pontevedra

As temperaturas superarán os 35 graos en 16 concellos pontevedreses durante a xornada pola chegada dunha masa de aire africano

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento