Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período

O mes de abril en Galicia foi moi cálido e moi seco, segundo o último informe climatolóxico elaborado por Meteogalicia. O documento tamén o sitúa como o cuarto abril máis seco da serie histórica. Máis polo miúdo, o mes pasado quedou definido pola influencia das altas presións que achegaron, por momentos, masas de aire cálido cara a Galicia. Así, os valores das temperaturas medias foron moito máis elevados do que cabería esperar nesta época do ano mentres que as precipitacións foron, localmente, moi escasas.

Con todo, esta situación cambiou nos últimos días do mes xa que o día 25 comezou un período caracterizado polas treboadas, formadas pola mestura entre o aire cálido da superficie e o frío das capas medias e altas da troposfera. Nese senso, os días 26, 27 e 28 as treboadas afectaron grandes áreas do interior de Galicia, con precipitacións, localmente, torrenciais, sarabia e moito aparato eléctrico.

Publicidade

Poucas precipitacións

A media das precipitacións acumuladas en Galicia para a serie histórica 1961-2026 foi de 35 litros por metro cadrado, o que, segundo os datos rexistrados en 16 estacións meteorolóxicas representativas, é un 69% inferior aos valor climático habitual neste período, polo que se considera un mes moi seco.

Os acumulados máis altos, con datos entre 80 e 100 litros por metro cadrado, rexistráronse en áreas do suroeste da provincia de Ourense, na contorna das serras do Laboreiro, do Xurés e de Larouco; e a menor cantidade de precipitación —entre 10 e 15 litros por metro cadrado— deuse en áreas da Terra Chá, das Mariñas Coruñesas e da Mariña Central e Oriental Lucense.

Publicidade

En canto ás temperaturas, acadaron en xeral valores moi por riba do agardado nun mes de abril debido á frecuente aparición de situacións anticiclónicas que arrastraban aire cálido procedente do norte de África. En concreto, a temperatura media en abril foi de 13,5 graos, o que supón 1,6 graos por riba do valor normal climatolóxico, segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas. Estes datos fan que o pasado mes se poida considerar como moi cálido.

Máis polo miúdo, a media da temperatura mínima foi de 6,5 graos e a da máxima foi de 18,5 grados. As temperaturas máis altas —entre 21,4 e 22,6 grados— rexistráronse nas ribeiras dos ríos Sil, Támega, Avia, Tea e Miño de Ourense, mentres que as máis baixas —entre 03,4 e 4,4 grados— concéntranse nas serras de Queixa e Calva e en áreas da comarca da Limia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual