Galicia rexistra o cuarto ano máis cálido das últimas seis décadas

A conselleira Ángeles Vázquez explica que o 2025 estivo marcado por unha temperatura media de 14,7 graos e por un incremento do 18% nas precipitacións

Galicia rexistrou en 2025 o cuarto ano máis cálido das últimas seis décadas, segundo datos do informe climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia, presentado hoxe pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. A medicións recollida nas estacións de temperatura e precipitacións distribuídas por toda a comunidade sitúan ao ano pasado como “extremadamente cálido e moi húmido”, tal e como subliñou a conselleira.

A temperatura media anual alcanzou os 14,7 graos, un valor considerado extremadamente cálido que converte a 2025 como o cuarto ano máis cálido desde 1961. De feito, os últimos catro anos rexistraron valores semellantes, consolidándose como os máis calorosos da serie histórica. En particular, o mes de xuño foi o máis cálido desde que se teñen datos.

Publicidade

Máis polo miúdo, as temperaturas mínimas e máximas superaron en media en 1,1 graos os valores habituais. Dos doce meses do ano, dous foron extremadamente cálidos, concretamente xaneiro e xuño, mentres que houbo sete moi cálidos ou lixeiramente cálidos. Pola contra, marzo foi lixeiramente frío, setembro frío e decembro cunha temperatura normal.

En canto ás precipitacións, Ángeles Vázquez explicou que a media anual en Galicia foi de 1.524 litros por metro cadrado, un 18% superior ao habitual, polo que 2025 se considera un ano moi húmido. Xaneiro destacou como extremadamente húmido; abril e novembro, moi húmidos; e decembro, húmido. En contraste, xuño foi moi seco, e xullo, agosto e outubro, secos. Os meses restantes presentaron precipitacións normais.

Publicidade

Coñecemento científico

A conselleira, que estivo acompañada da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, destacou o papel de MeteoGalicia ao poñer o mellor coñecemento científico ao servizo da protección do litoral, da seguridade do mar e do futuro dos sectores que viven del.

Neste sentido, indicou que Galicia conta xa cunha nova ferramenta para entender mellor o comportamento do mar, e especialmente das rías. Trátase dun modelo bioxeoquímico, desenvolvido en colaboración con Intecmar e Cetmar, que analiza de forma conxunta todas as Rías Baixas e permite comprender como se relacionan entre si e como circula a auga dunha a outra. Ademais, este avance proporciona información sobre aspectos fundamentais para o bo estado das rías e a súa produtividade, como os niveis de osíxeno e a dispoñibilidade de nutrientes.

Estes datos tradúcense nunha base máis sólida para a toma de decisións relacionadas co litoral e o mar, xa que permiten anticipar riscos ambientais, coidar os ecosistemas mariños e apoiar de forma máis eficaz os sectores vinculados ao mar.

Ángeles Vázquez concluíu con que este modelo “supón unha ferramenta clave para avanzar cara a esa Galicia Calidade a través dunha xestión máis sostible do litoral, a protección dos ecosistemas mariños e un futuro máis resiliente nun contexto de cambio climático”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro