Galicia rexistrou un outubro seco e moi cálido

O último informe de Meteogalicia salienta que a temperatura media na comunidade ao longo do mes foi de 16,1 graos

O avance do último informe climatolóxico elaborado por Meteogalicia indica que a Comunidade rexistrou un outubro seco e moi cálido. En concreto, o mes pasado caracterizouse por unha primeira parte, ata o día 18, con predominio de altas presións, que deixaron tempo seco e moi cálido. A partir do día 19, as temperaturas descenderon e as precipitacións foron aparecendo con máis frecuencia e intensidade. Con todo, os valores medios do mes de outono quedaron moi por riba do que sería de agardar en outubro e as precipitacións que se foron acumulando nos últimos días non puideron chegar ás cifras propias de outubro na maior parte de Galicia.

Altas temperaturas para o outono

No que respecta ás temperaturas, a media en outubro para a serie rexional foi de 16,1 graos, 1,6 graos máis do valor habitual neste período, o que significa que se tratou dun mes moi cálido. De feito, segundo os datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, as desviacións medias das temperaturas mínima (0,9 graos) e máxima (2,4 graos) foron tamén superiores aos valores normais neste mes.

Publicidade

Máis polo miúdo, a media da temperatura mínima en Galicia en outubro foi de 9,9 graos. Os valores máis baixos (5,1 graos e 6,3 graos) rexistráronse nas comarcas da Limia e de Verín e nas serras da Queixa e Eixe, mentres que os más altos (entre 13,8 graos e 14,9 graos) localizáronse nas zonas costeiras das rías de Pontevedra e Vigo. En canto ás temperaturas máximas, a media foi de 20,4 graos. Nas ribeiras do Miño ourensán e nos vales dos ríos Sil, Soldón, Támega e Tea rexistráronse os valores máis altos (entre 22,9 e 24,5 graos) e os máis baixos (entre 14,7 graos e 16,3 graos) déronse nas serras da Queixa e Eixe.

Poucas precipitacións

Por outra banda, a precipitación media acumulada para a serie rexional en Galicia no mes de outubro foi de 123 l/m2 e, segundo o valor medio das anomalías rexistradas nas 16 estacións meteorolóxicas representativas, isto supón un 26% menos do habitual neste período, polo que se considera seco.

Publicidade

As cantidades de precipitación máis elevadas rexistráronse na fachada atlántica, con valores de entre 250 e 300 l/m2, chegando aos 350 l/m2 na contorna da serra do Suído. Pola contra, os acumulados máis baixos, que oscilan entre os 20 e os 40 l/m2, atópanse na metade setentrional da Mariña e en áreas dos vales dos ríos Sil e Navia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego