Galicia poderá acumular 500 litros de auga nos próximos días: “Non se ve a fin da chuvia”

Unha nova fronte deixará un episodio intenso de precipitacións e ventos na xornada do xoves

Dende que chegou a chuvia a Galicia despois dos récords de calor conseguidos os primeiros días de outubro, non marchou. Da mesma maneira que semellaba que o tempo de verán non se ía despedir, agora o calendario de precipitacións parece non ter fin. Con todo, entra dentro do patrón habitual para esta época do ano. Estamos en outono e é normal que as borrascas se encadeen e se acaden grandes concentracións de auga. O físico da Universidade de Santiago (USC) Gonzalo Míguez Macho alega que nos próximos días poderán acumularse ata 500 litros de auga. “Vai chover moito, moito”, asegura.

Unha nove fronte deixará un episodio de chuvia e ventos intensos na tarde deste mércores. Na xornada do xoves, o paso dunha nova borrasca durante a madrugada deixará provocará ventos e chuvias fortes, e deixará toda Galicia en alerta amarela. Míguez Macho prevé que se volvan repetir as imaxes das inundacións que provocou a borrasca Aline a semana pasada. Esta situación atmosférica débese a que un centro de baixas presións situado no oeste das illas británicas está provocando a entrada de borrascas na península. No portal eltiempo.es apuntan que no interior de Pontevedra poderán acumularse máis de 80 mm en 12 horas.

Publicidade

Tralo paso desta fronte que deixará ventos e chuvias intensos, poderá entrar unha nova borrasca a fin de semana. Agárdanse moitas precipitacións e Galicia será a comunidade máis afectada. De cara á próxima semana, seguirán entrando borrascas polo noroeste peninsular. É dicir, non se pode predicir a fin das precipitacións a curto prazo. En canto ás temperaturas, non experimentarán un descenso pronunciado. O venres as mínimas poderán baixar lixeiramente, mais as máximas seguirán situándose arredor dos 17 graos en Santiago de Compostela e dos 18 en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha dorsal africana rompe os termómetros e as temperaturas acadarán os 30 graos en Galicia

O ascenso dos graos impulsará valores estivais no interior e nas Rías Baixas, con ambientes máis calorosos durante as horas centrais do día

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período