Eclipse lunar de outono: cando e como vela dende Galicia

O fenómeno ocorrerá o sábado 28 de outubro e deixarase ver dende toda a península. Contemplarase unha parte da Lúa escurecida

É un dos eventos astronómicos máis esperados do ano. Unha eclipse de Lúa agasallaranos un fermoso ceo esta fin de semana. Será a noite do sábado 28 de outubro cando se deixará ver dende toda España. A eclipse de Lúa é un fenómeno que se orixina cando a Terra, a Lúa e o Sol se alinean e proxectan a sombra da Terra sobre a Lúa, provocando un bloqueo da luz solar e escurecendo parcialmente ou totalmente ao satélite. Neste caso, a eclipse será parcial. Segunda indica starwalk.space, esta vai ser a eclipse lunar máis grande ata 2025.

Estes fenómenos poden observarse sen grandes complicacións, a simple vista. Non resulta perigoso para os ollos e non fai falta ningún aparello. O único inconveniente pode ser a meteoroloxía. En Galicia todo apunta a que os ceos estarán cubertos pola influencia dunha borrasca, o que dificultará a súa contemplación xa que a Lúa poderá estar tapada polas nubes. A eclipse será visible a partir das 19:00 horas do sábado, preferente nun lugar alto, aberto e escuro, lexos da contaminación lumínica para velo en toda a súa expresión.

Publicidade

O mellor momento para ver a eclipse dende Galicia será entre as 21:30 e as 22:52 horas

A eclipse prodúcese coa Lúa chea. Como todas, este fenómeno recibe unha denominación distinta dependendo da tradición e da rexión xeográfica. Neste caso, no Hemisferio Norte chámase “Lúa do cazador” porque a luz da lúa permitíalles rastrexar aos cazadores as presas na escuridade. Noutros lugares recibe tamén o nome de Lúa migratoria, Lúa de xeo, Lúa de sangue, Lúa de caída das follas, Lúa da herba moribunda ou Lúa de sementes.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller apunta que o mellor momento para ver a eclipse parcial dende Galicia será entre as 21:30 e as 22:52 horas. O evento acadará a súa magnitude ás 22:14 horas.

Publicidade

A Lúa do cazador non será o último evento astronómico de 2023. Do 4 ao 20 de decembro poderán contemplarse as xemínidas, a chuvia de estrelas máis forte.  É un fenómeno que ocorre cada ano e está provocado polo asteroide Faetón

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ver a eclipse de Lúa de Sangue é máis doado do que parece: como e onde facelo en Galicia

O fenómeno non será igual de visible en toda a comunidade pero para observalo non se precisará de ningunha protección

O cometa Nishimura, eclipse de Lúa e chuvia de estrelas: a guía astronómica do que resta de ano

Entre os próximos fenómenos atópase a última superlúa de 2023, que acadará o seu esplendor o 29 de setembro

Eclipse lunar en maio: cando é e como se verá dende Galicia

A noite do 15 ao 16 poderase observar dende gran parte do mundo, cando a Terra se interpoña entre o Sol e o noso satélite, que se tinguirá de vermello

A nova primavera trae un eclipse total de lúa: descobre cando

Veñen de comezar os case 93 días que durará a estación, despois dun inverno especialmente seco e con temperaturas máximas que son un récord histórico