Pódcast | As comunicacións vía satélite: que son e como funcionan

O investigador de atlanTTic Fernando Aguado Agelet analiza as vantaxes e inconvenientes da principal alternativa ás conexións terrestres

Algunha vez miraches o ceo nocturno e viches unha estela brillante cruzando o ceo? Non é ningún fenómeno fóra do normal. De feito, nin sequera ten nada que ver coa natureza. Iso que chama a túa atención son satélites que orbitan por enriba da túa cabeza a miles de quilómetros de distancia. Son realmente útiles na nosa vida cotiá e teñen múltiples aplicacións científicas. Unha das máis salientables é o seu papel clave durante os desastres naturais, cando se alzan como alternativa ás comunicacións terrestres, que colapsan. Para afondar en todas as estas cuestións e entender realmente que son e como funcionan este tipo de conexións falamos co investigador Fernando Aguado Agelet.

Neste episodio Comunicacións vía satélite: que son e como funcionan do pódcast de GCiencia en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo analizamos en profundidade este concepto. Trataremos as vantaxes e inconvenientes das comunicacións vía satélite, onde abordaremos o seu elevado custo e as empresas privadas, como Starlink de Elon Musk, que fan uso desta tecnoloxía. Tamén trataremos de entender como se regulan este tipo de comunicacións e como se controla o lixo espacial que xeran, producindo un evidente obstáculo á observación astronómica. Todo isto, e moito máis, no pódcast de GCiencia e atlanTTic.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escóitao nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Un estudo galego analiza o papel do clima na evolución de máis de 4.200 tipos de pequenos mamíferos

Os resultados amosan que un 39 % das especies son especialistas climáticas, polo que se restrinxen a unha área de condicións concretas

Que é o Virus do Nilo, a enfermidade que activa as alarmas en España e suma máis de 50 mortes en Italia

A maioría dos pacientes son asintomáticos, pero existe unha variante neuroinvasiva que inflama o cerebro e causa encefalite ou meninxite