Ver a eclipse de Lúa de Sangue é máis doado do que parece: como e onde facelo en Galicia

O fenómeno non será igual de visible en toda a comunidade pero para observalo non se precisará de ningunha protección

A tempada de eclipses xa quedou inaugurada en marzo e, agora, vivirase un novo episodio astronómico apaixonante. O próximo domingo, 7 de setembro, toda Galicia poderá desfrutar dunha eclipse total de Lúa, denominada “Lúa de Sangue”, que será parcial ou total segundo a zona. O seu nome débese a que o astro non estará completamente escuro senón que terá un ton avermellado, pero, por que?

Nas eclipses de Lúa, a Terra interponse entre esta e o Sol. “A sombra que lle fai a Terra á Lúa non está ben definida, é difusa”, explica Enrique Alonso, divulgador científico do Observatorio Astronómico de Forcarei. O motivo é a atmosfera. “Precisamente parte da luz que a atravesa, que se proxecta na Lúa, dálle esa cor algo vermella”, aclara. Cando o satélite da Terra está diante do Sol, si vemos delimitada perfectamente a liña que se conforma ao redor do astro, porque este non ten atmosfera. Nunha eclipse de Sol, a silueta da Lúa é nítida. Pero no caso do planeta azul, a súa atmosfera fai un efecto lente que proxecta esa tonalidade vermella.

Publicidade

Observable a simple vista

A vantaxe desta eclipse é a súa accesibilidade. Non se precisará ningún tipo de material e será observable a simple vista (sempre e cando a meteoroloxía o permita) en calquera lugar con plena visibilidade do ceo. Tampouco haberá problemas para aqueles que queiran fotografala. É unha diferenza importante coas eclipses solares nas que, en palabras do divulgador, “toda protección é pouca”. “Nas eclipses de sol, os danos que se fan nos ollos, cando os hai, son polo xeral irreparables”, explica Alonso. Por iso, nas próximas citas nas que se produza unha eclipse solar hai que extremar a precaución.

Iso si, na franxa máis oriental de Galicia serán visible todas as fases, tanto parciais como totais da eclipse. En puntos máis occidentais e especialmente en lugares de costa, só será visible de forma parcial. A medida que avance a noite, a Lúa irá aclarándose.

Publicidade

Posto que a sombra da Terra é moito maior que o seu satélite, estes fenómenos polo xeral duran varias horas, a diferenza dunha eclipse solar. Nesta último, posto que a sombra da Lúa é moito máis pequena, dura só uns poucos minutos. Alonso calcula que nesta eclipse de Lúa haberá unha franxa de hora e media onde será claramente visible. Na zona da costa, a duración será moito menor.

1 comentario

  1. Ola. Coido que debedes repasar algo a redacción. Collo como exemplo a última frase: “Na zona da costa, a duración será moito menor”; non é verdade en xeral, e o que menos importancia ten é que sexa costa ou non (exactamente, ningunha importancia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas