Unha gran borrasca atlántica provocará chuvias en Galicia durante toda a semana

Meteogalicia activa a alerta laranxa por temporal marítimo e o aviso amarelo por refachos de vento e precipitacións

Despois do paso das borrascas Aline e Bernard, que provocaron situacións atmosféricas adversas en Galicia durante toda a fin de semana, as precipitacións e o temporal marítimo seguirán a ser unha constante durante os próximos días. A responsable será unha gran borrasca atlántica situada ao oeste das Illas Británicas, da que se irán desprendendo frontes que entrarán por Galicia e se irán estendendo polo resto da península. Aínda que non se agarda que as consecuencias sexan tan adversas como as provocadas por Aline e Bernard, volverá a haber abundantes precipitacións en Galicia, temperaturas frescas e temporal marítimo. De feito, Meteogalicia activa este martes a alerta laranxa en todo o litoral, agás na Mariña lucense. Ademais, boa parte de Galicia estará en aviso amarelo por refachos superiores aos 80 km/h e por acumulacións de chuvia de máis de 15 litros/m2 en tan só unha hora.

Segundo explica o meteorólogo Francisco Martín León nun artigo publicado en Meteored, este paso de sucesivas borrascas débese ao bloqueo anticiclónico situado sobre Escandinavia. Se de despraza cara ao norte, os sistemas de baixas presións afectan menos á península. Pola contra, se se move cara ao sur, as borrascas impactan de cheo en Galicia. Este último será o escenario que se repetirá no país ao longo de dos próximos días. “En resumo, semana con temporal atlántico do oeste con paso de frontes activas, precipitacións, temporal no mar, variacións do termómetro co paso de borrascas pero cun tempo menos adverso que o producido polas borrascas Aline e Bernard”, detalla Martín León.

Publicidade

Chega o frío?

No que respecta ás temperaturas, os termómetros non experimentarán grandes variacións. É dicir, non se agarda a chegada de masas de aire moi frío pero tampouco subidas de temperatura impropias para esta época. Conforme van avanzando os días, o ambiente tamén arrefría, cuns valores que descenden “de maneira natural” para o outono. De feito, as máximas non subirán dos 20 graos en Galicia, sendo Ourense a única cidade que os acadará este luns. As mínimas tamén serán baixas, dado que Lugo non superará os 8 graos. As cidades de Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Coruña están nos 13 graos de mínima. Ao longo da semana parece que os valores soben lixeiramente, pero sen rexistrar grandes cambios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía