As impactantes imaxes que nos deixa a borrasca Aline en Galicia

As intensas precipitacións están causando inundacións nalgunhas zonas con rúas, carreteiras e garaxes totalmente desbordados de auga

Nas últimas horas as chuvias torrenciais están provocando inundacións en varios puntos de Galicia. A chegada da borrasca Aline está descargando precipitacións superiores aos 15l/m² por hora e nalgúns momentos, acompañadas de treboadas. Os fortes ventos do oeste e do suroeste manteñen activada a alerta laranxa en zonas altas do interior e pola tarde deste xoves no litoral. Tralo paso da borrasca Babet, Aline está traendo precipitacións xeneralizadas e as temperaturas atópanse en situación de descenso.

Despois dos récords de calor acadados en outono, a chuvia que faltou as dúas primeiras semanas de outubro está chegando de golpe. E este é o resultado:

Publicidade

Rúa desbordada de auga en Santiago. Vídeo: MeteoGalicia
Inundacións en Gondomar, Vigo. Vídeo: Márcio Santos (@MeteoTrasMontPT)

Nalgunhas zonas de Santiago, os coches quedaron atrapados polas inundacións. Por exemplo, vese claramente no seguinte vídeo do casco vello, compartido por Social Drive nas súas redes sociais.

Coche atrapado nunha rúa de Santiago. Vídeo: Social Drive (SocialDrive_es)

Noutras zonas da cidade, directamente, os coches non se puideron mover e quedaron atrapados no medio da carreteira. A auga cubría a metade do vehículo cos seus conductores dentro.

Publicidade

Coches obstaculizados nunha rotonda en Santiago. Vídeo: Compostela capital de Galicia. (@30compostela)
O usuario de Twitter @JeroniZmo comparte abraiado este vídeo, alertando da inundación dos garaxes.

Pero non todas son imaxes da borrasca Aline teñen esta tónica. Mentres tanto, unha fermosa calma impregnaba esta mañá á praia da Frouxeira, en Valdoviño (Ferrol). As ondadas impulsadas polo vento impactaban fortes nas rochas, e durante un anaco, a chuvia deu tregua, e Sara Avilés puido capturar este momento.

Praia da Frouxeira, esta mañá. Vídeo: Sara Avilés

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía