A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais

As enfermidades zoonóticas infecciosas (que saltan dos animais ás persoas) van en aumento, e o risco dunha nova pandemia é agora maior que nunca. Os futuros modelos sanitarios deben ter en conta a estreita relación entre a saúde humana e animal, e necesítanse urxentemente novas tecnoloxías capaces de vixiar continuamente os lugares onde o risco de transmisión de patóxenos é maior (compartidos por animais e humanos) para evitar o custo humano, sociopolítico e económico de novas pandemias.

One Health é unha iniciativa global que avoga pola colaboración entre profesionais da saúde humana, animal e ambiental para abordar os desafíos de saúde que afectan a todos estes sectores dunha maneira interconectada. O seu obxectivo é comprender e previr enfermidades zoonóticas e promover un enfoque holístico cara á saúde global.

Publicidade

O Parlamento Europeo esixe unha vixilancia continua e unha recollida de datos harmonizada das explotacións animais. Con todo, os métodos actuais non son adecuados para unha detección in situ, continua e automática, polo que hoxe en día só se controla un número limitado de patóxenos específicos e coñecidos.

O sistema FLUFET

O grupo do Dr. Alejandro Criado (Grupo NanoSelf, centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Universidade da Coruña) foi seleccionado para coordinar un proxecto EIC Pathfinder de máis de 3.2 millóns de euros para desenvolver o sistema FLUFET. FLUFET será o primeiro sensor automatizado capaz de detectar de forma continua un amplo espectro de obxectivos virais, e coa capacidade sen precedentes de detectar virus descoñecidos. Este sensor basearase en transistores de efecto de campo de grafeno (gFET). FLUFET detectará ameazas zoonóticas infecciosas antes de que se propaguen aos humanos e cren brotes potenciais, abrindo a porta á prevención continua de posibles pandemias. FLUFET (FLow detection of virUses by graphene Field Effect Transistor microarrays) significa “Detección fluída de virus mediante micromatrices de transistores de efecto de campo baseados en grafeno”.

Os transistores de efecto de campo baseados en grafeno son dispositivos que permiten detectar moléculas de interese (proteínas, acedos nucleicos, virus, etc) e están baseados en cambios na condutividade de láminas de grafeno por interacción con estas sustancias ou con outras especies químicas xeradas a partir delas. É dicir que cando o sensor de vangarda baseado en grafeno localiza un virus ou parte do mesmo, daranos un sinal específico que podemos estudar. FLUFET brinda interesantes oportunidades a expertos e xestores en saúde e pandemias, responsables políticos e organismos reguladores e de normalización, gandeiros e as súas asociacións, provedores de solucións de gandaría de precisión, investidores e investigadores nas múltiples disciplinas que participan no consorcio.

Un consorcio interdisciplinar

O proxecto require un consorcio interdisciplinar que inclúa socios de biofísica computacional, tecnoloxía do grafeno, nanotecnoloxía, detección, microfluídica, viroloxía, enxeñaría de superficies e deseño de sensores e electrónica. É por iso que desde A Coruña o Dr. Criado coordinará os equipos de España, Italia, Portugal e Finlandia participantes no proxecto.

Os centros participantes son, ademais do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC, a Fundación BCMATERIALS (Basque Centre For Materials), a Asociación Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais (CIC BiomaGUNE) o International Centre For Genetic Engineering and Biotechnology, a empresa Graphenea Semiconductor S.L., o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía LIN e o Teknologian Tutkimuskeskus VTT OY.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como afectan as chuvias extremas á contaminación na ría de Arousa?

Un modelo da UDC simula a viaxe dos refugallos ata o mar e estuda como as precipitacións intensas axudan no proceso

Un equipo da UDC analiza con láser a contaminación das pontes de Praga

Unha alumna procedente da República Checa realiza a súa tese na institución galega con vistas a futuros procesos de restauración

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles