Galicia esquiva a DANA pero acadará temperaturas de ata 29 graos no sur

Prevense chuvascos illados esta semana en zonas de Ourense e no extremo norte

Pontevedra e Ourense acadarán esta semana os 28 graos e as precipitacións só chegarán a Galicia de forma illada, tanto no extremo norte como en zonas da metade sur. A estabilidade atmosférica, o tempo seco e as altas temperaturas débense á influencia do anticiclón das Azores, que debuxa un escenario para Galicia ben distinto ao doutras partes da península. De feito, unha potente DANA que entrou polo Golfo de Cádiz e se está desprazando cara ao sueste da península, pode deixar chuvias torrenciais nos vindeiros días nesta zona, que tamén é a máis árida do país. Diferentes portais meteorolóxicos sinalan que as precipitacións dependerán das áreas, pero que se verán afectadas Andalucía, Murcia, Valencia e incluso Cataluña, podéndose rexistrar sarabia e pequenos tornados.

Segundo explica o meteorólogo Mario Picazo en Eltiempo.es, a DANA que afectará ao sueste peninsular terá suficiente aire frío como para xerar tormentas intensas. Ademais, hai outros factores que contribúen á inestabilidade atmosférica. En primeiro lugar, un fluxo constante de ventos de compoñente norte, que mantén as temperaturas máis baixas do habitual para esta época do ano. En segundo lugar, que tanto o Atlántico como o Mediterráneo están a experimentar temperaturas en superficie “por enriba do habitual”. Isto, segundo Picazo, contribuirá a que se produzan máis precipitacións segundo as zonas.

Publicidade

Dende o portal Meteored, José Miguel Viñas explica que xa se formou un primeiro sistema tormentoso no mar de Alborán debido á combinación da DANA coa presenza dunha área de baixas presións ao norte de Arxelia. Segundo apunta o meteorólogo, isto deixa chuvias intentas e gran actividade eléctrica en toda a área. Conforme vaia avanzando este luns, produciranse chuvias “potencialmente torrenciais” con maior incidencia na provincia de Almería e en zonas de Granada, así como no sur de Murcia.

Formación dun potente sistema tormentoso

Finalmente, os difererentes servizos meteorolóxicos advirten da posibilidade de que se forme un Sistema Convectivo de Mesoescala (SMC). É dicir, “sistemas tormentosos adversos e máis duradeiros que unha simple tormenta ordinaria e illada”, seguindo a definición do meteorólogo Francisco Martín. Segundo Meteored, a situación é propicia para que este mesmo luns se forme un SMC que pode derivar, por tanto, en “chuvias torrenciais e granizadas” en Almería, Murcia e Alicante. Advirten, tamén, dos posibles desbordamentos de ríos. O SMC é un fenómeno que xa viviu Galicia o verán pasado, cunha alta actividade eléctrica e tormentosa que derivou na onda de incendios que asolou miles de hectáreas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona