A descarbonización centra unha nova charla do ciclo Aida Fernández Ríos

O catedrático da UVigo Jacobo Porteiro impartirá o relatorio en liña, que se celebrará este xoves a partir das 19.00 horas

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra celebran este xoves, 25 de maio, ás 19.00 horas unha nova sesión do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, centrada no proceso de descarbonización. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o enorme labor científico que se leva a cabo en Galicia. Para participar, é preciso inscribirse na web da Deputación de Pontevedra.

Esta nova sesión leva por título Combustibles sostibles para un futuro descarbonizado e será impartida por Jacobo Porteiro Fresco, catedrático da Área de Máquinas e Motores Térmicos da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Ademais, está vinculado ao Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da mesma institución académica.

Publicidade

Este ciclo de conferencias en liña arrincou o 4 de maio e estenderase ata o 15 de xuño. A seguinte cita é, precisamente, o día 1 do vindeiro mes, na que o catedrático da UVigo Marcos Curty Alonso abordará a revolución cuántica, tratando de prognosticar como serán os ordenadores do futuro. Ao xoves seguinte, o 8 de xuño, a profesora da Universidade Pompeu Fabra Ana Freire dará un relatorio sobre como a intelixencia artificial pode contribuír positivamente na saúde mental. Para rematar o ciclo, o 15 de xuño o catedrático da UVigo David Posada explicará nun relatorio por que se producen os tumores.

Amais das conferencias en liña, o ciclo Aida Fernández Ríos tamén contempla as conferencias en centros de ensino. De feito, contémplanse un total de cinco relatorios sobre temas tan diversos como o big data, as terapias contra o cancro, as bacterias que degradan plástico, as superbacterias e os datos. Todas as conferenciantes serán mulleres galegas: Susana Ladra, Azucena Mora, Rosa Crujeiras, María Dolores Mayán e Sabela Balboa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Beatriz Novoa: “Foi un exemplo de tenacidade e esforzo”

A actual directora do IIM, Beatriz Novoa, lembra a Científica Galega do Ano e analiza os retos que ten por diante o instituto no seu 75 aniversario

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe