Galicia rexistrou un dos seus decembros máis cálidos de toda a serie histórica

A temperatura media estivo 2,1 graos por riba do agardado, en canto as precipitacións, estiveron marcadas pola normalidade

Galicia rexistrou un decembro cálido, cunha temperatura media con 2,1º por riba do agardado —obtida a partir das anomalías medias das 11 estacións meteorolóxicas
máis representativas da Comunidade—. Esta anomalía térmica fixo que o mes pasado fora o terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010. Non obstante, en canto as precipitacións recolléronse uns valores normais para este período. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que subliña tamén que decembro tivo tres partes moi diferenciadas.

A primeira, un período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmido e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada de novo polas borrascas, aínda que neste caso con vento do sur e temperaturas elevadas. A explicación hai que buscala tanto nas temperaturas mínimas como nas máximas, xa que
en ambos casos foron moi cálidas. O precedente máis próximo neste sentido foi o mes de
decembro do ano 2015, cando a temperatura media se situou en 2,87º por riba do habitual, e o anterior foi o de 1989, cunha anomalía positiva de 2,84º.

Publicidade

Os termómetros marcaron rexistros moi elevados no conxunto de Galicia

Os valores máis salientables en canto á anomalía media concentráronse na comarca de A Coruña e no leste da provincia de Lugo, con valores que case chegaron aos 3,8º por riba do normal. Pola contra, as anomalías máis baixas acadáronse no Barbanza, cunha temperatura media case un 1º por riba do agardado.

Menos chuvia

Segundo os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da
Comunidade, a chuvia acumulada en decembro foi similar ao que se considera normal,
pero o número de días con precipitacións supera en xeral os valores climáticos habituais
para esta época. Isto foi debido aos dous períodos de inestabilidade cos que comezou e
rematou o mes, que trouxeron asociados episodios de borrasca bastante activos en días
concretos e derivaron nunha precipitación media acumulada de 205 L/m 2 .

Ademais, se se comparan estes valores cos rexistrados no período de referencia 1981-
2010, decembro pechouse en Galicia cunha anomalía media das precipitacións un 3%
superior ao valor climático habitual. Isto fai que o mes poida considerarse dentro da
normalidade, tendo en conta o conxunto da Comunidade. Aínda así, houbo grandes contrastes en canto á distribución xeográfica das precipitacións, sobre todo entre a provincia de Lugo e o resto de Galicia. En concreto, mentres na Fonsagrada e na Serra dos Ancares se rexistrou unha porcentaxe de chuvia superior ao 196% con respecto ao normal, na comarca ourensá de Valdeorras o mes resultou moi seco.

Chove en Santiago, ou xa non?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incidencia de amputacións

A investigadora da UVigo Elena Mosquera sinala o envellecemento da poboación e a diabetes como posibles causas do aumento de casos

O mundo micolóxico do Val do Ulla: máis de 660 especies e achados de interese científico

Un proxecto impulsado por AMABUL en colaboración coa Deputación da Coruña identifica máis dunha decena de posibles primeiras citas para Galicia e unha para España

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación

A provincia da Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro cun 47,4% do total

Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática revela o impacto das industrias enerxéticas fósiles no norte da comunidade