Galicia concentra case a metade da superficie arrasada en España polo lume en agosto, segundo Copernicus

O sistema europeo contabiliza 158.000 hectáreas queimadas, case o dobre que as reflectidas pola Xunta, fronte a un total de 362.000 no conxunto do territorio estatal

Galicia concentra neste mes de agosto case a metade da superficie arrasada polos incendios no conxunto de España, cun total de 158.000 hectáreas queimadas, segundo datos do Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea (EFFIS, polas súas siglas en inglés) de Copernicus. A extensión duplica a contabilizados pola Xunta, que fala de 95.000 hectáreas en todo o verán, e supon que case un 44% do territorio estatal afectado pola vaga de lumes pertence a provincias galegas, principalmente a de Ourense.

Os incendios forestais queimaron un total de 362.473 hectáreas en toda España entre o 1 e o 21 de agosto, segundo o avanzou este mércores a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Agesen Muñoz, durante a súa comparecencia no Senado para informar sobre as medidas adoptadas polo seu ministerio ante a grave situación de incendios forestais que afectan distintos territorios cun impacto severo sobre o medio ambiente, a biodiversidade e o ecosistema.

Publicidade

No caso de Galicia, a estimación sería de 158.000 hectáreas queimadas nese período; en Castela e León, 150.000 hectáreas; en Estremadura, 45.000 hectáreas; en Asturias, 2.405 hectáreas; e en Madrid, 2.338 hectáreas. Tamén hai superficies afectadas en cantidades menores, no caso de Andalucía, Navarra e Castela-A Mancha.

O 97% da superficie afectada foi por grandes incendios forestais. O territorio arborado afectado estímase en 140.000 hectáreas e a superficie de Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura 2000 impactada polos incendios, aproximadamente a estimación é de 160.000 hectáreas.

Publicidade

Tamén se viron afectadas áreas críticas para a supervivencia de 395 especies en perigo de extinción, vulnerables ou en réxime de protección especial do listado LESPRE, como o urogallo, en 2.400 hectáreas; a cegoña negra, en 773 hectáreas; ou o oso pardo, en 1.751 hectáreas.

“É unha análise no que teremos que entrar con maior profundidade e que traballaremos, por suposto”, sinalou a ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas